LanguageTool-gl

LanguageTool-gl é un corrector lingüístico para o galego baseado en regras contextuais que describen erros gramaticais e de estilo. A nivel de palabra advirte tamén acerca daqueles erros que un corrector ortográfico detecta pero non pode resolver, como poden ser castelanismos léxicos ou casos de falsa homonimia.

Ademais de galego, o programa pode corrixir linguas como inglés, francés, alemán ou polaco (entre  outras).

Como podo usar LanguageTool?

O corrector pode usarse principalmente de dúas maneiras:

De onde podo descargar o programa?

A versión estábel, compatíbel coas últimas versións de OpenOffice.org (3.0.1 e 3.1), pódese descargar da páxina oficial do proxecto:

 http://www.languagetool.org/download/LanguageTool-1.0.0.oxt

Trátase da última versión publicada (1.0.0, conxelada o 01/11/2009), co que non inclúe os cambios e melloras realizados dende a súa publicación até o día de hoxe.

Porén, é tamén posíbel descargar a última versión en desenvolvemento, que inclúe a versión máis actualizada das regras para o galego:

 http://repositorio.g11n.net/devel/languagetool-gl/LanguageTool-1.0.1-dev.oxt

En ámbolos casos o ficheiro que se descarga é un OXT preparado para ser engadido a OpenOffice.org como  extensión. Porén, este ficheiro serviranos igualmente se queremos utilizar LanguageTool como programa autónomo.

Máis información