No contexto da g11n, cando falamos de glosarios referímonos básicamente a ficheiros que conteñen equivalencias en galego de termos en inglés. Estes ficheiros distribúense en distintos formatos, tanto de tipo CSV como os orientados ao traballo profesional como TBX.
Nos procesos de tradución e revisión resulta moi útil poder consultar un glosario inglés-galego para determinar a mellor equivalencia na nosa língua dun termo en inglés cando a descoñecemos ou dubidamos sobre a máis axeitada. Por este motivo, tras ser configurados para empregar glosarios, algúns aplicativos -como OmegaT- presentan automáticamente as distintas alternativas terminolóxicas na mesma xanela onde estamos traducindo/ revisando. Así, o uso de glosarios permite axilizar o traballo de tradución e revisión, axuda tamén a mellorar a calidade das traducións e favorece a coherencia entre os distintos traballos.
Existe un gran número de glosarios inglés-galego dispoñíbeis na Internet, algúns especializados en materias determinadas e outros mais xenéricos. Mais alá de que cada glosario resultará mais apropriado para uns proxectos que para outros, e mesmo tendo en conta que cada quen escollerá o que prefira según o seu proprio criterio, sería útil dispoñer na plataforma dun glosario de referencia, pensando especialmente en facilitarlle as cousas as personas que se incorporan por primeira vez ao traballo de galeguización.
Queda aberto pois este fío para ir xuntando as achegas que vaian xurdindo ao respeito.
Tras un longuísimo proceso de testaxe e de probas para asegurar a súa máxima calidade, xa se pode descargar a versión 3.2 de OpenOffice en galego. Sen lugar a dúbidas,...
Xa se pode descargar o Firefox para móbiles, a primeira versión de Firefox específicamente deseñada para funcionar en dispositivos móveis con pantalla táctil. Novamente poderemos desfrutar deste avanzo tecnolóxico grazas...
Xa se pode descargar o novo Firefox 3.6 no noso idioma. Trátase dunha versión moi mellorada do navegador mais popular que incorpora novas e importantes melloras: un 20% mais de...
Chégannos boas novas a traverso da nosa rolda comunitaria: tras un longo proceso de reflexión e papelame, ven ao mundo unha nova asociación vencellada ao software libre e ao galego....
A Fundación Mozilla acaba de anunciar a publicación da última versión de Thunderbird, o programa libre de correo electrónico rápido, flexibel e seguro. E grazas á comunidade galega de tradución,...

