Autenticación



Disfrázate de OpenOffice 3.2 neste antroido!

OpenOffice.org 3.2 Tras un longuísimo proceso de testaxe e de probas para asegurar a súa máxima calidade, xa se pode descargar a versión 3.2 de OpenOffice en galego. Sen lugar a dúbidas,...

Descarga Firefox no teu móbil!

Firefox para móbiles Xa se pode descargar o Firefox para móbiles, a primeira versión de Firefox específicamente deseñada para funcionar en dispositivos móveis con pantalla táctil. Novamente poderemos desfrutar deste avanzo tecnolóxico grazas...

Acaba de saír o Firefox 3.6 en galego

Firefox Xa se pode descargar o novo Firefox 3.6 no noso idioma. Trátase dunha versión moi mellorada do navegador mais popular que incorpora novas e importantes melloras: un 20% mais de...

Xa temos Songbird 1.4.3 en galego

Exemplo do reprodutor Chéganos aviso de Carlos Neira Cortizas da tradución ao galego do Songbird 1.4.3.Trátase dun reprodutor multimedia baseado no software de Mozilla que funciona moi ben. Grazas Carlos!! Esta era a...

Constitúese a Asociación Proxecto Trasno

Logo da Asociación Trasno Chégannos boas novas a traverso da nosa rolda comunitaria: tras un longo proceso de reflexión e papelame, ven ao mundo unha nova asociación vencellada ao software libre e ao galego....

Xa temos o Thunderbird 3 en galego

Thunderbird 3 en galego A Fundación Mozilla acaba de anunciar a publicación da última versión de Thunderbird, o programa libre de correo electrónico rápido, flexibel e seguro. E grazas á comunidade galega de tradución,...

Estamos a probar o Pootle na plataforma g11n.net

Onte anunciabamos o lanzamento da versión 2.0.0 do Pootle... Despois dun mes de posta en común e dunha intensa e divertida noite de traballo, conseguimos instalar este servizo de tradución colaborativa. http://traduce.g11n.net/ Axúdasnos...

Publicada a versión 2.0.0 de Pootle

Hoxe foi publicada de forma oficial a nova versión (2.0.0) de Pootle, un sistema web de axuda á tradución. Algunhas das principais melloras que incorpora esta versión son: Nova interface de usuario,...

Publicada a versión 0.5.0 de Virtaal

Hoxe foi publicada de forma oficial a nova versión (0.5.0) de Virtaal, a ferramenta de axuda á tradución. As principais melloras que incorpora esta versión son: Mellor integración das bases de datos...

Joomla! 1.5.15 en galego

altInforma Daniel Munhiz no seu blog de que ven de anovar a versión dos paquetes de galego para o Joomla! á versión actual que é a 1.5.15. Preme aquí para descargalos....

Chamamento: verificación do novo OpenOffice 3.2

altAcaba de ser publicado nos foros de g11n.net o seguinte chamamento para colaborar no proceso de verificación da futura versión de OpenOffice.org, a nova 3.2. Na mensaxe  indícase cómo descargar o...

Novo recurso lingüístico liberado polo CIRP

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades acaba de liberar un novo recurso lingüístico baixo a licenza LGPLLR. Trátase dun corpus etiquetado morfosintacticamente e revisado a man que inclúe...

A Xunta xa non controla o Firefox en galego

Manuel Vilas . As dúbidas sobre Mancomun levan os activistas do software libre galego a traballar á marxe do Goberno. Un membro da plataforma G11n consegue o recoñecemento internacional como responsábel...

Método de galeguización

Estes días atrás estivemos a traballar na sistematización dun método de galeguización que puidese servir de referencia de entrada para a xente nova interesada en colaborar, á vez que poida valer...

Chamamento para a tradución de GNOME (versión 2.30)

Acábase de abrir o prazo para a tradución da versión 2.30 de GNOME, un contorno de escritorio intuitivo e de uso doado. O equipo de galeguización de GNOME querémosche facer este...

Notificacións por correo

Propostas, decisións e calquer cuestión que afecte ao funcionamento e organización do g11n

Notificacións por correo

Mensaxepor xinelo » 05 Xan 2010, 16:07

Dúas observacións:

1) É posíbel que a notificación de nova mensaxe a un foro inclúa o contido desa mensaxe? (para poder lela no correo sen necesidade de acceder ao foro).

2) O asunto desas notificacións di "Notificación de post ao foro" pero creo que deberíamos utilizar no foro e na nosa organización en xeral a terminoloxía que despois utilizamos nos proxectos, principalmente para dar unha imaxe de calidade e para estarmos afeitos a vela. Paréceme importante. Así pois, supoño que sería "Notificación de mensaxe ao foro". Non sei se nós temos a tradución galega de phpBB pero en calquera caso supoño que se pode mudar no ficheiro que contén as cadeas no noso foro. Corrixídeme se me engano, por favor! ;)

Os administradores do foro están subscritos a todos os foros, certo?

Apertas, Manuel
~xinelo
Avatar de Usuario
xinelo
 
Mensaxes: 42
Rexistrado: 18 Dec 2009, 21:12

Re: Notificacións por correo

Mensaxepor suso » 07 Xan 2010, 00:45

xinelo escribiu:Dúas observacións:

1) É posíbel que a notificación de nova mensaxe a un foro inclúa o contido desa mensaxe? (para poder lela no correo sen necesidade de acceder ao foro).


Eu a verdade é que non sabería contestarche a isto; penso que Minhoca ou Medulio poderán contestarche que teñen mais experiencia co phpBB (levan anos usándoo para a Ciberirmandade.)

xinelo escribiu:2) O asunto desas notificacións di "Notificación de post ao foro" pero creo que deberíamos utilizar no foro e na nosa organización en xeral a terminoloxía que despois utilizamos nos proxectos, principalmente para dar unha imaxe de calidade e para estarmos afeitos a vela. Paréceme importante. Así pois, supoño que sería "Notificación de mensaxe ao foro". Non sei se nós temos a tradución galega de phpBB pero en calquera caso supoño que se pode mudar no ficheiro que contén as cadeas no noso foro. Corrixídeme se me engano, por favor! ;)


Concordo co que dis, o de "post" parece un anglicismo innecesario, e de feito creo que noutras partes do phpBB aparece correntamente "mensaxe" como dis. enso que a tradución do phpBB estaba a facela alguén vencellado á CIF, co cal seguro que é facil contactar cov esa persona. De novo seguro que Minhoca ou Medulio poderán contestarche mellor ca min.

xinelo escribiu:Os administradores do foro están subscritos a todos os foros, certo?


Non sei os demais, eu non estou suscrito a ningún; o que fago é empregar un RSS que programou Medulio que funciona moi ben e que me mostra as últimas mensaxes aparecidas en calquera dos foros. A verdade é que resulta moi cómodo; é un sistema que está en probas se queres probalo avisa e xa che digo cómo.
Para que o mal trunfe basta que a gente boa não faga nada. Edmund Burke
Avatar de Usuario
suso
Site Admin
 
Mensaxes: 85
Rexistrado: 22 Out 2009, 22:41

Re: Notificacións por correo

Mensaxepor ifrit » 11 Xan 2010, 04:29

suso escribiu:Non sei os demais, eu non estou suscrito a ningún; o que fago é empregar un RSS que programou Medulio que funciona moi ben e que me mostra as últimas mensaxes aparecidas en calquera dos foros. A verdade é que resulta moi cómodo; é un sistema que está en probas se queres probalo avisa e xa che digo cómo.

Eu apúntome a probar iso do RSS. A verdade que o sistema de foros ten moitas vantaxes, pero para min, persoalmente, éme un retroceso na miña forma de navegar e mirar a actualidade. As roldas de correo teñen de bo que chegan ó correo de todos e teñen o problema de que son difíciles de levar un orde. Os foros, pola contra, hai que visitalos a diario para estar ó día.

Se hai un RSS que eu poda engadir no meu Google Personalized sería xenial :) (tamén teño que retomar o costume de visitar máis a miudo os foros)

Un saúdo,
ifrit

P.D.: configurei a miña conta para recibir avisos dos fíos nos que as miñas mensaxes reciben resposta e semella que non furrula, vouno revisar e xa vos conto.
Avatar de Usuario
ifrit
 
Mensaxes: 11
Rexistrado: 26 Out 2009, 11:51
Ubicación: Santiago de Compostela

Re: Notificacións por correo

Mensaxepor suso » 26 Xan 2010, 15:56

ifrit escribiu:Eu apúntome a probar iso do RSS. A verdade que o sistema de foros ten moitas vantaxes, pero para min, persoalmente, éme un retroceso na miña forma de navegar e mirar a actualidade. As roldas de correo teñen de bo que chegan ó correo de todos e teñen o problema de que son difíciles de levar un orde. Os foros, pola contra, hai que visitalos a diario para estar ó día.

Se hai un RSS que eu poda engadir no meu Google Personalized sería xenial :) (tamén teño que retomar o costume de visitar máis a miudo os foros).


Sen problema, só envíame un correo e xa che dou as indicacións; e despois si che funciona no tema ese do Google Personalized sería estupendo que avises! E desculpa polo delay a verdade é que se me pasou esta mensaxe túa :roll:
Para que o mal trunfe basta que a gente boa não faga nada. Edmund Burke
Avatar de Usuario
suso
Site Admin
 
Mensaxes: 85
Rexistrado: 22 Out 2009, 22:41

Re: Notificacións por correo

Mensaxepor minhoca » 05 Mar 2010, 17:02

Respecto da mensaxe da notificación, paso a comentarllo a Medulio, que é o responsábel da versión galega de phpBB.
Saúde. Alexandre Prieto.
Gustaríame falar moitos idiomas, pero so manexo ben unha lingua allea: español.
"Somos galegos por obra e gracia do idioma" (Sempre en Galiza-Castelao)
CiberIrmandade da Fala
Avatar de Usuario
minhoca
Site Admin
 
Mensaxes: 56
Rexistrado: 18 Out 2009, 20:49


Volver a Organiza

Quen está en liña

Usuarios navegando neste foro: Ningún usuario rexistrado e 0 convidados

cron

Valid XHTML 1.0 Transitional CSS ist valide!