Autenticación



Disfrázate de OpenOffice 3.2 neste antroido!

OpenOffice.org 3.2 Tras un longuísimo proceso de testaxe e de probas para asegurar a súa máxima calidade, xa se pode descargar a versión 3.2 de OpenOffice en galego. Sen lugar a dúbidas,...

Descarga Firefox no teu móbil!

Firefox para móbiles Xa se pode descargar o Firefox para móbiles, a primeira versión de Firefox específicamente deseñada para funcionar en dispositivos móveis con pantalla táctil. Novamente poderemos desfrutar deste avanzo tecnolóxico grazas...

Acaba de saír o Firefox 3.6 en galego

Firefox Xa se pode descargar o novo Firefox 3.6 no noso idioma. Trátase dunha versión moi mellorada do navegador mais popular que incorpora novas e importantes melloras: un 20% mais de...

Xa temos Songbird 1.4.3 en galego

Exemplo do reprodutor Chéganos aviso de Carlos Neira Cortizas da tradución ao galego do Songbird 1.4.3.Trátase dun reprodutor multimedia baseado no software de Mozilla que funciona moi ben. Grazas Carlos!! Esta era a...

Constitúese a Asociación Proxecto Trasno

Logo da Asociación Trasno Chégannos boas novas a traverso da nosa rolda comunitaria: tras un longo proceso de reflexión e papelame, ven ao mundo unha nova asociación vencellada ao software libre e ao galego....

Xa temos o Thunderbird 3 en galego

Thunderbird 3 en galego A Fundación Mozilla acaba de anunciar a publicación da última versión de Thunderbird, o programa libre de correo electrónico rápido, flexibel e seguro. E grazas á comunidade galega de tradución,...

Estamos a probar o Pootle na plataforma g11n.net

Onte anunciabamos o lanzamento da versión 2.0.0 do Pootle... Despois dun mes de posta en común e dunha intensa e divertida noite de traballo, conseguimos instalar este servizo de tradución colaborativa. http://traduce.g11n.net/ Axúdasnos...

Publicada a versión 2.0.0 de Pootle

Hoxe foi publicada de forma oficial a nova versión (2.0.0) de Pootle, un sistema web de axuda á tradución. Algunhas das principais melloras que incorpora esta versión son: Nova interface de usuario,...

Publicada a versión 0.5.0 de Virtaal

Hoxe foi publicada de forma oficial a nova versión (0.5.0) de Virtaal, a ferramenta de axuda á tradución. As principais melloras que incorpora esta versión son: Mellor integración das bases de datos...

Joomla! 1.5.15 en galego

altInforma Daniel Munhiz no seu blog de que ven de anovar a versión dos paquetes de galego para o Joomla! á versión actual que é a 1.5.15. Preme aquí para descargalos....

Chamamento: verificación do novo OpenOffice 3.2

altAcaba de ser publicado nos foros de g11n.net o seguinte chamamento para colaborar no proceso de verificación da futura versión de OpenOffice.org, a nova 3.2. Na mensaxe  indícase cómo descargar o...

Novo recurso lingüístico liberado polo CIRP

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades acaba de liberar un novo recurso lingüístico baixo a licenza LGPLLR. Trátase dun corpus etiquetado morfosintacticamente e revisado a man que inclúe...

A Xunta xa non controla o Firefox en galego

Manuel Vilas . As dúbidas sobre Mancomun levan os activistas do software libre galego a traballar á marxe do Goberno. Un membro da plataforma G11n consegue o recoñecemento internacional como responsábel...

Método de galeguización

Estes días atrás estivemos a traballar na sistematización dun método de galeguización que puidese servir de referencia de entrada para a xente nova interesada en colaborar, á vez que poida valer...

Chamamento para a tradución de GNOME (versión 2.30)

Acábase de abrir o prazo para a tradución da versión 2.30 de GNOME, un contorno de escritorio intuitivo e de uso doado. O equipo de galeguización de GNOME querémosche facer este...

Ferramentas de conversión bidirecional (po, xliff...)

Programas de axuda á tradución, correctores, tradutores automáticos e demais ferramentas linguísticas

Ferramentas de conversión bidirecional (po, xliff...)

Mensaxepor suso » 18 Nov 2009, 19:31

A respeito da tradución da interface de aplicativos que empregan formatos propios para os seus ficheiros de localización -así como da documentación distribuida en formatos estructurados como HTML e outros- existe a posibilidade de facela mediante un proceso de conversión bidireccional que consiste en extraer as cadeas textuais do formato orixinal dispoñéndoas en ficheiros estructurados nun formato estándar de localización que, á súa vez, son convertidos de volta ao formato orixinal unha vez traducidos.

Esta aproximación ao problema ten a vantaxe de que permitiría simplificar a descrición do proceso de tradución -rebaixando a barreira de entrada e facilitando así as novas incorporacións- mais tería a desavantaxe de engadir procesos adicionais de conversión e verificación coa consecuente carga de traballo que iso supón para os perfís de revisión e remisión.

Compriría avaliar esta posibilidade, en base a ferramentas xa existentes, para poder fornecer instrucións sinxelas ás personas que a traverso desta plataforma se están ofrecendo a colaborar no traballo de galeguización, e con ese propósito deixo aberto este fío.

Para exemplificar esta necesidade, nada mellor que unha mostra real: a da que será a web informativa da primeira versión pública do Fennec, o Firefox para dispositivos moveis.

http://repositorio.g11n.net/l10n/recurs ... ec_web.tgz
Para que o mal trunfe basta que a gente boa não faga nada. Edmund Burke
Avatar de Usuario
suso
Site Admin
 
Mensaxes: 85
Rexistrado: 22 Out 2009, 22:41

Re: Ferramentas de conversión bidirecional (po, xliff...)

Mensaxepor roebek » 19 Nov 2009, 15:55

Para HTML coñezo dúas ferramentas que fan conversión a gettext, que é un dos formatos estendidos dentro do SL.


Estiven facendo algunhas probas usando como mostra un dos ficheiros do paquete que ligas. Penso que o que ofrece mellores resultados é po4a, aínda que habería que facer máis probas.

Subín os resultados a http://repositorio.g11n.net/tmp/probas-html.tar.gz (as traducións non son reais, só para cubrir ocos).

  • mobile/sms-thanks.html: documento orixinal que queremos traducir
  • po4a.po: ficheiro PO xerado mediante po4a
  • po4a.html: ficheiro HTML final traducido (po4a)
  • translate-toolkit.po: ficheiro PO xerado mediante html2po
  • translate-toolkit.html: ficheiro HTML final traducido (po2html)
  • sms-thanks.txt: cadeas existentes no documento orixinal.

As ordes empregadas foron

Código: Seleccionalo todo
html2po -i mobile/sms-thanks.html -o sms.po
po2html -t mobile/sms-thanks.html -i sms.po -o sms.html

po4a-gettextize -f xhtml -m mobile/sms-thanks.html -p po4a.po
po4a-translate -f xhtml -m mobile/sms-thanks.html -p po4a.po -l po4a.html


Outra posibilidade sería usar Open-Language-Tools, desta vez facendo a conversión intermedia a XLIFF (e non PO), se non lembro mal, e usando o seu editor XLIFF (ou calquera outro) para facer a tradución.

As vantaxes deste sistema son claras: permite usar para este tipo de formatos as ferramentas que se usan para o resto de traducións, aforra problemas aos tradutores sen coñecementos destes formatos, etc. Porén, tamén son claras as desvantaxes: esixe unha verificación das saídas dos programas de conversión (toda conversión é susceptíbel de erro).
Non hai peor fascista ca un burgués asustado -- Anónimo
Avatar de Usuario
roebek
Site Admin
 
Mensaxes: 17
Rexistrado: 20 Out 2009, 00:09

Re: Ferramentas de conversión bidirecional (po, xliff...)

Mensaxepor candorca » 19 Nov 2009, 18:13

roebek escribiu:As vantaxes deste sistema son claras: permite usar para este tipo de formatos as ferramentas que se usan para o resto de traducións, aforra problemas aos tradutores sen coñecementos destes formatos, etc. Porén, tamén son claras as desvantaxes: esixe unha verificación das saídas dos programas de conversión (toda conversión é susceptíbel de erro).


O Translate ToolKit apresenta vários problemas nestas verificaçons de ida e volta (round trips) que resultam em perdas frequentes de informaçom. Nom tenho experimentado muito com ficheiros HTML, mas todo o relacionado com XLIFF, PO, TMX e TBX apresenta diversos problemas de gestom de (re)conversom. Um exemplo claro é a falta de suporte dos "msgctxt" dos ficheiros PO ou o tratamento dos escapes (\n, \t etc.).

Representam alias umha carga extra de trabalho para a parte de administraçom de um fluxo de traduçom, mas tem umha tendência menor a erros precisamente por separar a fase de preparaçom dos materiais da de trabalho de traduçom clássico (na manipulaçom das cabeceiras dos ficheiros PO, por exemplo).

roebek escribiu:Outra posibilidade sería usar Open-Language-Tools, desta vez facendo a conversión intermedia a XLIFF (e non PO), se non lembro mal, e usando o seu editor XLIFF (ou calquera outro) para facer a tradución.


Sim, continua a ser umha excepçom no ámbito do SL de editor nativo XLIFF. Porém, última versom das OLT, infelizmente, suportam incorrectamente os filtros originais. O desenvolvimento recente foi orientado à compatibilidade co Translate Toolkit (o desenvolvedor actual integrou-se no projecto para melhorar a compatibilidade entre o Pootle e as OLT) e os filtros levam tempo sem ser actualizados.

Outra possibilidade, neste caso dos HTML que estamos a falar, é utilizar o OmegaT; visto que suporta este formato e nom precisa (re)conversons (manexa-as internamente). Tem a vantagem de poder incluír um dicionário hunspell em galego, glossários (num formato próprio em texto simples) e suportar TMX. Porém, a interface e o modo de trabalho nom som, talvez, os mais indicados para a traduçom de software, mas sim para a documentaçom em geral.

Basicamente, acho que as opçons continuam a ser as mesmas que as apresentadas no Manual derivado do G11n, com pequenas actualizaçons:
- O TTK e o Virtaal estám a ser actualizados constantemente
- As OLT já podem trabalhar com dicionários hunspell (se devidamente configurados)
etc.
candorca
 
Mensaxes: 3
Rexistrado: 19 Nov 2009, 17:28

Re: Ferramentas de conversión bidirecional (po, xliff...)

Mensaxepor suso » 21 Nov 2009, 02:02

roebek escribiu:Para HTML coñezo dúas ferramentas que fan conversión a gettext, que é un dos formatos estendidos dentro do SL.



roebek escribiu:Outra posibilidade sería usar Open-Language-Tools, desta vez facendo a conversión intermedia a XLIFF (e non PO), se non lembro mal, e usando o seu editor XLIFF (ou calquera outro) para facer a tradución.


candorca escribiu:Outra possibilidade, neste caso dos HTML que estamos a falar, é utilizar o OmegaT; visto que suporta este formato e nom precisa (re)conversons (manexa-as internamente). Tem a vantagem de poder incluír um dicionário hunspell em galego, glossários (num formato próprio em texto simples) e suportar TMX. Porém, a interface e o modo de trabalho nom som, talvez, os mais indicados para a traduçom de software, mas sim para a documentaçom em geral.

candorca escribiu:Basicamente, acho que as opçons continuam a ser as mesmas que as apresentadas no Manual derivado do G11n, com pequenas actualizaçons:
- O TTK e o Virtaal estám a ser actualizados constantemente
- As OLT já podem trabalhar com dicionários hunspell (se devidamente configurados)
etc.


Grazas polas vosas valoracións; resumen moitas horas de investigación e de experiencia, e o feito de que veñades compartilo é algo que penso que compre recoñecer. Ante todo pois: o meu agradecemento pola vosa achega.

Durante estes días estiven a probar as opcións que sinalades así como outras tamén empregadas na área da tradución en desconetado. Despois de probalas e tras revisar a documentación e as postas en común qu sobre aplicativos de tradución tiveron lugar nos últimos anos vexo que unha delas destaca entre as demais por reunir estas características:

  • Permite traducir cun único aplicativo as interfazes e/ ou a documentación
    tanto nos proxectos grandes (como oo.org, mozilla ou gnome) nos que xa traballamos como nos pequenos que se vaian sumando á plataforma.
  • Como está baseado en Java trátase dun aplicativo multiplaforma, que funciona en Linux, Windows, OSX e demais.
  • As dúas características anteriores permiten documentar todo o proceso de tradución off-line nun único documento o que non só reduce o esforzo -e o tempo- necesario para elaboralo senón que, sobre sobre, todo facilitará a labor de iniciar á nova xente e resolverlles os problemas que teñan ao principio.
  • Intégrase perfectamente co método de galeguización, pois non só permite importar as memorias de tradución senón que xenera automáticamente novas memorias según se vai traducindo, garantindo así a reutilización e mellorando a homoxeneidade e a calidade das traducións. Por se fora pouco corrixe automáticamente a ortografía según se vai traducindo e vai amosando distintas opcións de tradución das palabras, xa que permite a incorporación dos glosarios existentes.
  • Fornece unha API sinxela pero suficiente para engadir filtros novos sen grandes artificios, o que supón un grande potencial en combinación coas ferramentas de conversión tipo gettex.
Trátase da opción OmegaT+conversores que, a xulgar por todo o anterior, semella ser a opción mais adecuado para resolver a necesidade xa sinalada. Será esta por tanto a que eu tome como referencia para o traballo de galeguización que se apoie nesta plataforma en tanto non xurda outra opción mellor.
Para que o mal trunfe basta que a gente boa não faga nada. Edmund Burke
Avatar de Usuario
suso
Site Admin
 
Mensaxes: 85
Rexistrado: 22 Out 2009, 22:41


Re: Ferramentas de conversión bidirecional (po, xliff...)

Mensaxepor xinelo » 14 Xan 2010, 10:57

Ola,

Alguén podería axudar? Estou tentando instalar rc2po e xliff2po en Ubuntu pero non encontra os paquetes. Por ex:

Código: Seleccionalo todo
sudo apt-get install rc2po

Ou sexa, que supoño que terei que engadir algunha liña (chámolle "fonte"?) ao sources.list (se é que iso non mudou nos 3 últimos anos). A dúbida é: como sei que liña teño que engadir? Onde encontro esa información?

Un saúdo e graciñas!
~xinelo
Avatar de Usuario
xinelo
 
Mensaxes: 42
Rexistrado: 18 Dec 2009, 21:12

Re: Ferramentas de conversión bidirecional (po, xliff...)

Mensaxepor candorca » 14 Xan 2010, 12:00

Olá,

rc2po é parte do Translate Toolkit, de maneira que para instalá-lo precisas adicionar o PPA do Launchpad para o TTK ou ben baixar as fontes e fazer um
Código: Seleccionalo todo
sudo python setup.py install
.

Para adicionar o PPA do TTK:
Código: Seleccionalo todo
sudo nano /etc/apt/sources.list

e engades as seguintes linhas para 9.10 (Karmic):

Código: Seleccionalo todo
# Translate Toolkit & Virtaal (+Pootle)
deb http://ppa.launchpad.net/translate.org.za/ppa/ubuntu karmic main
deb-src http://ppa.launchpad.net/translate.org.za/ppa/ubuntu karmic main

Se tes outra versom de Ubuntu basta com substituír
Código: Seleccionalo todo
karmic
polo nome correspondente, mas em caso de dúvida visita o sítio do PPA.

Umha vez que tenhas adicionado o PPA em tua sources.list, recarregas
Código: Seleccionalo todo
sudo apt-get update
e instalas o TTK enteiro com
Código: Seleccionalo todo
sudo apt-get install translate-toolkit
.

Se todo correu bem, deverias ter o rc2po accessível na linha de comandos.

De todos os modos, dá-lhe umha vista de olhos à lista de desenvolvimento do Translate-Toolkit, porque precisamente nestes dias estám mencionando certos problemas com essa conversom (ainda que seguramente estás a ver exactamente isso ;)).

Um saúdo.
candorca
 
Mensaxes: 3
Rexistrado: 19 Nov 2009, 17:28

Re: Ferramentas de conversión bidirecional (po, xliff...)

Mensaxepor xinelo » 14 Xan 2010, 17:14

Obrigadíssimo, candorca.

Esta mañá debía estar durmido, nin se me pasou pola cabeza instalar o ttk enteiro :)
~xinelo
Avatar de Usuario
xinelo
 
Mensaxes: 42
Rexistrado: 18 Dec 2009, 21:12


Volver a Ferramentas

Quen está en liña

Usuarios navegando neste foro: Ningún usuario rexistrado e 0 convidados

cron

Valid XHTML 1.0 Transitional CSS ist valide!