Autenticación



Disfrázate de OpenOffice 3.2 neste antroido!

OpenOffice.org 3.2 Tras un longuísimo proceso de testaxe e de probas para asegurar a súa máxima calidade, xa se pode descargar a versión 3.2 de OpenOffice en galego. Sen lugar a dúbidas,...

Descarga Firefox no teu móbil!

Firefox para móbiles Xa se pode descargar o Firefox para móbiles, a primeira versión de Firefox específicamente deseñada para funcionar en dispositivos móveis con pantalla táctil. Novamente poderemos desfrutar deste avanzo tecnolóxico grazas...

Acaba de saír o Firefox 3.6 en galego

Firefox Xa se pode descargar o novo Firefox 3.6 no noso idioma. Trátase dunha versión moi mellorada do navegador mais popular que incorpora novas e importantes melloras: un 20% mais de...

Xa temos Songbird 1.4.3 en galego

Exemplo do reprodutor Chéganos aviso de Carlos Neira Cortizas da tradución ao galego do Songbird 1.4.3.Trátase dun reprodutor multimedia baseado no software de Mozilla que funciona moi ben. Grazas Carlos!! Esta era a...

Constitúese a Asociación Proxecto Trasno

Logo da Asociación Trasno Chégannos boas novas a traverso da nosa rolda comunitaria: tras un longo proceso de reflexión e papelame, ven ao mundo unha nova asociación vencellada ao software libre e ao galego....

Xa temos o Thunderbird 3 en galego

Thunderbird 3 en galego A Fundación Mozilla acaba de anunciar a publicación da última versión de Thunderbird, o programa libre de correo electrónico rápido, flexibel e seguro. E grazas á comunidade galega de tradución,...

Estamos a probar o Pootle na plataforma g11n.net

Onte anunciabamos o lanzamento da versión 2.0.0 do Pootle... Despois dun mes de posta en común e dunha intensa e divertida noite de traballo, conseguimos instalar este servizo de tradución colaborativa. http://traduce.g11n.net/ Axúdasnos...

Publicada a versión 2.0.0 de Pootle

Hoxe foi publicada de forma oficial a nova versión (2.0.0) de Pootle, un sistema web de axuda á tradución. Algunhas das principais melloras que incorpora esta versión son: Nova interface de usuario,...

Publicada a versión 0.5.0 de Virtaal

Hoxe foi publicada de forma oficial a nova versión (0.5.0) de Virtaal, a ferramenta de axuda á tradución. As principais melloras que incorpora esta versión son: Mellor integración das bases de datos...

Joomla! 1.5.15 en galego

altInforma Daniel Munhiz no seu blog de que ven de anovar a versión dos paquetes de galego para o Joomla! á versión actual que é a 1.5.15. Preme aquí para descargalos....

Chamamento: verificación do novo OpenOffice 3.2

altAcaba de ser publicado nos foros de g11n.net o seguinte chamamento para colaborar no proceso de verificación da futura versión de OpenOffice.org, a nova 3.2. Na mensaxe  indícase cómo descargar o...

Novo recurso lingüístico liberado polo CIRP

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades acaba de liberar un novo recurso lingüístico baixo a licenza LGPLLR. Trátase dun corpus etiquetado morfosintacticamente e revisado a man que inclúe...

A Xunta xa non controla o Firefox en galego

Manuel Vilas . As dúbidas sobre Mancomun levan os activistas do software libre galego a traballar á marxe do Goberno. Un membro da plataforma G11n consegue o recoñecemento internacional como responsábel...

Método de galeguización

Estes días atrás estivemos a traballar na sistematización dun método de galeguización que puidese servir de referencia de entrada para a xente nova interesada en colaborar, á vez que poida valer...

Chamamento para a tradución de GNOME (versión 2.30)

Acábase de abrir o prazo para a tradución da versión 2.30 de GNOME, un contorno de escritorio intuitivo e de uso doado. O equipo de galeguización de GNOME querémosche facer este...

Coma se fará o mantemento das traducións unha vez feitas?

Metodoloxía de localización de aplicativos de código aberto, implantación de estándares LISA e cuestións relacionadas

Coma se fará o mantemento das traducións unha vez feitas?

Mensaxepor xabier » 30 Out 2009, 19:06

coma se fará o mantemento das traducións unha vez feitas? Sempre foi unha das miñas maiores preocupacións dentro da CIF, e supoño que aquí pasará algo semellante, un erro grave que tiñamos na CIF era coma organizarse para manterse, as traducións iran chegando ... de feito eu traducín varios programas e espero traelos aquí, pero coma mantelos cando a persoa que principalmente levou a tarefa de tradución, xa non pode seguir con ela; penso que neste novo proxecto se debería facer algo coma na wikipedia, uns encargados de buscar programas e proxectos a traducir, actualizalos, leva-la web e mantemento, relacións e colaboracións con outras asociacións ect.. e a xente digamos de batalla, aquela que non dispón de tempo o longo do ano, se non que dispón do mesmo por tramos (e dicir, agora dispón de moito pero dentro de dous meses non dispón de tempo algún), esta xente (se está dispoñible) faría o traballo de fondo, as traducións en si; tamén outro erro que tiñamos na CIF era que so mirabamos face-lo núcleo da tradución, esquecendo moitas veces os arquivos auxiliares que existían nese programa, creo que habería que ser neste proxecto máis coidadoso neste punto.

Ben, seguirei con máis reflexións máis adiante que estou comezando cun artigo na Galipedia.
xabier
 
Mensaxes: 4
Rexistrado: 26 Out 2009, 08:20

Re: Coma se fará o mantemento das traducións unha vez feitas?

Mensaxepor medulio » 01 Nov 2009, 19:41

xabier escribiu:coma se fará o mantemento das traducións unha vez feitas? Sempre foi unha das miñas maiores preocupacións dentro da CIF, e supoño que aquí pasará algo semellante, un erro grave que tiñamos na CIF era coma organizarse para manterse, as traducións iran chegando ... de feito eu traducín varios programas e espero traelos aquí, pero coma mantelos cando a persoa que principalmente levou a tarefa de tradución, xa non pode seguir con ela; penso que neste novo proxecto se debería facer algo coma na wikipedia, uns encargados de buscar programas e proxectos a traducir, actualizalos, leva-la web e mantemento, relacións e colaboracións con outras asociacións ect.. e a xente digamos de batalla, aquela que non dispón de tempo o longo do ano, se non que dispón do mesmo por tramos (e dicir, agora dispón de moito pero dentro de dous meses non dispón de tempo algún), esta xente (se está dispoñible) faría o traballo de fondo, as traducións en si; tamén outro erro que tiñamos na CIF era que so mirabamos face-lo núcleo da tradución, esquecendo moitas veces os arquivos auxiliares que existían nese programa, creo que habería que ser neste proxecto máis coidadoso neste punto.

Certamente, algo xa falaramos diso. Está claro que hai que organizar millor as cousas, botando mao de técnicas de xestión de proxectos ou de seguimento de 'bugs' para facer público o estado, responsábel e outros pormenores de cada proxecto, de xeito que sexa moi doado facer un troco de persoas, obxectivos, etc. se for preciso.

A organización dun banco de dados informativo penso debería identificar cada proxecto con vistas a oferecer información tanto para desenvolvedores como tradutores e usuarios (cal é a versión traducida? cal é a máis recente? onde descarregar fontes, traduciós, etc.?).

Aínda, debe fornecerse unha vía sinxela de acceder a ise banco da dados para que quen quixer puidese levar a mantimento das informaciós.
Umha aperta.

"O bosque seria moi triste se só cantassem os paxaros que cantam milhor" (Tagore)
Avatar de Usuario
medulio
Site Admin
 
Mensaxes: 7
Rexistrado: 22 Out 2009, 22:30

Re: Coma se fará o mantemento das traducións unha vez feitas?

Mensaxepor iñigo varela » 26 Nov 2009, 18:43

Hola a todos, y enhorabuena por el g11n. Susinho (de OpenOffice) me comentó sobre el sitio y me encantó.
Mi nombre es Iñigo Varela, y pertenezco a http://www.softastur.org En Softastur, nos dedicamos a centralizar y coordinar los proyectos que yá existían sobre software llibre en llingua asturiana.
¿Cuántas personas lo componen? Pues muuuuchas menos personas que cualquier proyecto en gallego, creedme. Es por eso que la organización, en nuestro caso, era más que obligada. En cuanto al comentario de este hilo, decir precisamente eso: la coordinación es primordial. Si os sirve, os diré que básicamente nos organizamos con una wiki y las listas de correo. La wiki (totalmente editable) refleja los estados de cada proyecto. Hai coordinadores para cada uno, y mediante las listas hacemos llamamiento a éste o a éste otro. La gente, digamos (de "batalla") es importantísima en este aspecto. Sin su trabajo, el resto no funcionaría. (De nada nos serviría ser el coordinador de un proyecto en el que no se hacen traducciones ¿no?)

Básicamente, es así como lo hacemos. Los "coordinadores" también se "coordinan" entre ellos. Primero los proyectos que tienen un plazo corto de salida, y luego los que saldrán a más largo plazo. Según esto, vamos manteniendo todos.

P.D: Resultaría ridículo que hiciese comparación de cómo funciona nuestro grupo, y cómo funciona el vuestro. Sólo en gente, vosotros nos triplicáis, y el nivel de realización es mucho más alto en gallego. Pero como ejemplo de lo que hace una buena coordinación, fijaos por ejemplo en Launchpad. Nuestro grupo sólo tiene 44 miembros y el vuestro 154... sin embargo, optimizando (y trabajando) se consigue mejor resultado. La gente, va y viene, por eso es importante que quien tenga tiempo se ponga al frente de los proyectos, y coordine a los "liberados" en los mismos.
Un saludu. Ánimo y Norabona pola páxina!!
iñigo varela
 

Re: Coma se fará o mantemento das traducións unha vez feitas?

Mensaxepor suso » 29 Nov 2009, 17:32

iñigo varela escribiu:Mi nombre es Iñigo Varela, y pertenezco a http://www.softastur.org En Softastur, nos dedicamos a centralizar y coordinar los proyectos que yá existían sobre software llibre en llingua asturiana.
(...)
Un saludu. Ánimo y Norabona pola páxina!!


Boas Íñigo!! Grazas polo teu comentario e por compartires connosco a vosa propria experiencia! Estiven ollando a vosa web e a verdade é que está moi ben; por estes pagos levamos traducindo programas ao galego dende hai mais de dez anos e últimamente a comunidade está evolucionando moito; de feito esta plataforma apenas ten uns meses de vida e aínda que che pareza extraño, un dos problemas que tratamos de resolver é xustamente... que necesitamos mais xente para manter todos os proxectos actualizados!!

Benvido, ánimo co proxecto de softastur.org, e non te cortes para empregar eiquí o teu proprio idioma que así nos das a oportunidade de saber un pouco mais dil! :)
Para que o mal trunfe basta que a gente boa não faga nada. Edmund Burke
Avatar de Usuario
suso
Site Admin
 
Mensaxes: 85
Rexistrado: 22 Out 2009, 22:41


Volver a Estratexias

Quen está en liña

Usuarios navegando neste foro: Ningún usuario rexistrado e 1 convidados

cron

Valid XHTML 1.0 Transitional CSS ist valide!