xinelo escribiu:A miña dúbida era suscitada pola baixa participación... será que a xente aínda non volveu das ferias.
Supoño que o das ferias inflúe, mais eu penso que o nível de participación é o que cabe esperar nunha plataforma bastante especializada que ademais está dando os seus primeiros pasos... pero se apenas fai dous meses que nos puxemos a andar!

En todo caso, mirando para os datos direiche que temos que ser optimistas: si te fixas hai mais de oitenta personas rexistradas -aparte hai xente que participa sen estar rexistrado-, neste tempo publicáronse xa cerca de duascentas mensaxes e prácticamente ábrese un novo fío cada dous días... a cousa vaise movendo e a participación vai incrementándose progresivamente.
Debemos deixar que o tempo vaia facendo o seu traballo e que a xente vaia animándose a participar, sen presas nin precipitacións. Ademais dende o principio plantexamos esto cunha clara vocación de longo prazo e de independencia institucional, e neste tipo de proxectos os inicios sempre son mais dilatados e compre falalo todo para evitar erros que despois poden ser difíciles de reparar.
Personalmente o mais gratificante é comprobar a calidade das achegas e sobre todo a boa disposición da xente que participa e pon o seu graíño de area para contribuir á viabilidade do noso idioma nesta sociedade tan informatizada. Se o esforzo empregado sirve para iso, penso que o esforzo terá merecido a pena. En calquera caso eu polo menos estouno desfrutando, e con eso polo momento teño bastante
