Autenticación



Disfrázate de OpenOffice 3.2 neste antroido!

OpenOffice.org 3.2 Tras un longuísimo proceso de testaxe e de probas para asegurar a súa máxima calidade, xa se pode descargar a versión 3.2 de OpenOffice en galego. Sen lugar a dúbidas,...

Descarga Firefox no teu móbil!

Firefox para móbiles Xa se pode descargar o Firefox para móbiles, a primeira versión de Firefox específicamente deseñada para funcionar en dispositivos móveis con pantalla táctil. Novamente poderemos desfrutar deste avanzo tecnolóxico grazas...

Acaba de saír o Firefox 3.6 en galego

Firefox Xa se pode descargar o novo Firefox 3.6 no noso idioma. Trátase dunha versión moi mellorada do navegador mais popular que incorpora novas e importantes melloras: un 20% mais de...

Xa temos Songbird 1.4.3 en galego

Exemplo do reprodutor Chéganos aviso de Carlos Neira Cortizas da tradución ao galego do Songbird 1.4.3.Trátase dun reprodutor multimedia baseado no software de Mozilla que funciona moi ben. Grazas Carlos!! Esta era a...

Constitúese a Asociación Proxecto Trasno

Logo da Asociación Trasno Chégannos boas novas a traverso da nosa rolda comunitaria: tras un longo proceso de reflexión e papelame, ven ao mundo unha nova asociación vencellada ao software libre e ao galego....

Xa temos o Thunderbird 3 en galego

Thunderbird 3 en galego A Fundación Mozilla acaba de anunciar a publicación da última versión de Thunderbird, o programa libre de correo electrónico rápido, flexibel e seguro. E grazas á comunidade galega de tradución,...

Estamos a probar o Pootle na plataforma g11n.net

Onte anunciabamos o lanzamento da versión 2.0.0 do Pootle... Despois dun mes de posta en común e dunha intensa e divertida noite de traballo, conseguimos instalar este servizo de tradución colaborativa. http://traduce.g11n.net/ Axúdasnos...

Publicada a versión 2.0.0 de Pootle

Hoxe foi publicada de forma oficial a nova versión (2.0.0) de Pootle, un sistema web de axuda á tradución. Algunhas das principais melloras que incorpora esta versión son: Nova interface de usuario,...

Publicada a versión 0.5.0 de Virtaal

Hoxe foi publicada de forma oficial a nova versión (0.5.0) de Virtaal, a ferramenta de axuda á tradución. As principais melloras que incorpora esta versión son: Mellor integración das bases de datos...

Joomla! 1.5.15 en galego

altInforma Daniel Munhiz no seu blog de que ven de anovar a versión dos paquetes de galego para o Joomla! á versión actual que é a 1.5.15. Preme aquí para descargalos....

Chamamento: verificación do novo OpenOffice 3.2

altAcaba de ser publicado nos foros de g11n.net o seguinte chamamento para colaborar no proceso de verificación da futura versión de OpenOffice.org, a nova 3.2. Na mensaxe  indícase cómo descargar o...

Novo recurso lingüístico liberado polo CIRP

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades acaba de liberar un novo recurso lingüístico baixo a licenza LGPLLR. Trátase dun corpus etiquetado morfosintacticamente e revisado a man que inclúe...

A Xunta xa non controla o Firefox en galego

Manuel Vilas . As dúbidas sobre Mancomun levan os activistas do software libre galego a traballar á marxe do Goberno. Un membro da plataforma G11n consegue o recoñecemento internacional como responsábel...

Método de galeguización

Estes días atrás estivemos a traballar na sistematización dun método de galeguización que puidese servir de referencia de entrada para a xente nova interesada en colaborar, á vez que poida valer...

Chamamento para a tradución de GNOME (versión 2.30)

Acábase de abrir o prazo para a tradución da versión 2.30 de GNOME, un contorno de escritorio intuitivo e de uso doado. O equipo de galeguización de GNOME querémosche facer este...

[Thunderbird 3.0.1] Erros de tradución

Para notificar calquera erro ou problema detectado na tradución dos aplicativos

[Thunderbird 3.0.1] Erros de tradución

Mensaxepor xinelo » 04 Feb 2010, 10:38

Ola,

Hoxe instalei o paxaro treboento en galego por primeira vez. É un pracer velo en galego!

Con todo, vin algúns erros, pero creo que estaban só na páxina de introdución (mirando por encima non vin ningún nos menús). Erros como:

* este mensaxe
* frases sen puntos finais (que non sei se é problema da tradución, do orixinal, ou doutra cousa)
* grallas ortográficas (ou heterografías): escreba, selecione, ca (por coa), etc.

Será un pracer participar na tradución e/ou revisión da próxima remesa (en función do meu tempo).

Saúde,
~xinelo
Avatar de Usuario
xinelo
 
Mensaxes: 42
Rexistrado: 18 Dec 2009, 21:12

Re: [Thunderbird 3.0.1] Erros de tradución

Mensaxepor suso » 19 Feb 2010, 23:10

Graciñas Xinelo por dar conta dos erros; poderías especificarme onde os atopaches, e qué alternativa proporías? Aproveito para dar nota duns erros detectados por Damufo na rolda de coordenación de Mozilla, que xunto eiquí para ter un sitio onde ir documentando os erros e telos centralizados:

Editar -> Copiar como cita
Tería que ser Colar (pegar) como cita


e tamén de Damufo:

Á marxe de que eu poría solicitude no canto de pedido (tamén penso que é
mais coherente co de "O remitente deste mensaxe solicitou..."), habería
que mudar o atallo e tamén no texto "este mensaxe" por "esta mensaxe"


Non sei niso que comenta Damufo sobre "solicitude/ pedido" cal sería a mellor solución, agradécense suxestións ao respeito.
Para que o mal trunfe basta que a gente boa não faga nada. Edmund Burke
Avatar de Usuario
suso
Site Admin
 
Mensaxes: 85
Rexistrado: 22 Out 2009, 22:41

Re: [Thunderbird 3.0.1] Erros de tradución

Mensaxepor xinelo » 20 Feb 2010, 14:44

Como dicía, vinos na páxina da introdución (a páxina que me apareceu nun novo separador ao lanzar o programa despois da actualización a galego). Para encontralos haberá que buscar, supoño, no repositorio de memorias de tradución, onde estará (ou debería estar) o ficheiro coas cadeas que aparecen nesa páxina de introdución que se mandou a Mozilla.

Non propoño ningunha alternativa, só propoño que se corrixan os erros.

Saúde,
~xinelo
Avatar de Usuario
xinelo
 
Mensaxes: 42
Rexistrado: 18 Dec 2009, 21:12


Volver a Erros e problemas

Quen está en liña

Usuarios navegando neste foro: Ningún usuario rexistrado e 1 convidados

cron

Valid XHTML 1.0 Transitional CSS ist valide!