Dúas observacións:
1) É posíbel que a notificación de nova mensaxe a un foro inclúa o contido desa mensaxe? (para poder lela no correo sen necesidade de acceder ao foro).
2) O asunto desas notificacións di "Notificación de post ao foro" pero creo que deberíamos utilizar no foro e na nosa organización en xeral a terminoloxía que despois utilizamos nos proxectos, principalmente para dar unha imaxe de calidade e para estarmos afeitos a vela. Paréceme importante. Así pois, supoño que sería "Notificación de mensaxe ao foro". Non sei se nós temos a tradución galega de phpBB pero en calquera caso supoño que se pode mudar no ficheiro que contén as cadeas no noso foro. Corrixídeme se me engano, por favor! ;)
Os administradores do foro están subscritos a todos os foros, certo?
Apertas, Manuel
Tras un longuísimo proceso de testaxe e de probas para asegurar a súa máxima calidade, xa se pode descargar a versión 3.2 de OpenOffice en galego. Sen lugar a dúbidas,...
Xa se pode descargar o Firefox para móbiles, a primeira versión de Firefox específicamente deseñada para funcionar en dispositivos móveis con pantalla táctil. Novamente poderemos desfrutar deste avanzo tecnolóxico grazas...
Xa se pode descargar o novo Firefox 3.6 no noso idioma. Trátase dunha versión moi mellorada do navegador mais popular que incorpora novas e importantes melloras: un 20% mais de...
Chégannos boas novas a traverso da nosa rolda comunitaria: tras un longo proceso de reflexión e papelame, ven ao mundo unha nova asociación vencellada ao software libre e ao galego....
A Fundación Mozilla acaba de anunciar a publicación da última versión de Thunderbird, o programa libre de correo electrónico rápido, flexibel e seguro. E grazas á comunidade galega de tradución,...

