Autenticación



Disfrázate de OpenOffice 3.2 neste antroido!

OpenOffice.org 3.2 Tras un longuísimo proceso de testaxe e de probas para asegurar a súa máxima calidade, xa se pode descargar a versión 3.2 de OpenOffice en galego. Sen lugar a dúbidas,...

Descarga Firefox no teu móbil!

Firefox para móbiles Xa se pode descargar o Firefox para móbiles, a primeira versión de Firefox específicamente deseñada para funcionar en dispositivos móveis con pantalla táctil. Novamente poderemos desfrutar deste avanzo tecnolóxico grazas...

Acaba de saír o Firefox 3.6 en galego

Firefox Xa se pode descargar o novo Firefox 3.6 no noso idioma. Trátase dunha versión moi mellorada do navegador mais popular que incorpora novas e importantes melloras: un 20% mais de...

Xa temos Songbird 1.4.3 en galego

Exemplo do reprodutor Chéganos aviso de Carlos Neira Cortizas da tradución ao galego do Songbird 1.4.3.Trátase dun reprodutor multimedia baseado no software de Mozilla que funciona moi ben. Grazas Carlos!! Esta era a...

Constitúese a Asociación Proxecto Trasno

Logo da Asociación Trasno Chégannos boas novas a traverso da nosa rolda comunitaria: tras un longo proceso de reflexión e papelame, ven ao mundo unha nova asociación vencellada ao software libre e ao galego....

Xa temos o Thunderbird 3 en galego

Thunderbird 3 en galego A Fundación Mozilla acaba de anunciar a publicación da última versión de Thunderbird, o programa libre de correo electrónico rápido, flexibel e seguro. E grazas á comunidade galega de tradución,...

Estamos a probar o Pootle na plataforma g11n.net

Onte anunciabamos o lanzamento da versión 2.0.0 do Pootle... Despois dun mes de posta en común e dunha intensa e divertida noite de traballo, conseguimos instalar este servizo de tradución colaborativa. http://traduce.g11n.net/ Axúdasnos...

Publicada a versión 2.0.0 de Pootle

Hoxe foi publicada de forma oficial a nova versión (2.0.0) de Pootle, un sistema web de axuda á tradución. Algunhas das principais melloras que incorpora esta versión son: Nova interface de usuario,...

Publicada a versión 0.5.0 de Virtaal

Hoxe foi publicada de forma oficial a nova versión (0.5.0) de Virtaal, a ferramenta de axuda á tradución. As principais melloras que incorpora esta versión son: Mellor integración das bases de datos...

Joomla! 1.5.15 en galego

altInforma Daniel Munhiz no seu blog de que ven de anovar a versión dos paquetes de galego para o Joomla! á versión actual que é a 1.5.15. Preme aquí para descargalos....

Chamamento: verificación do novo OpenOffice 3.2

altAcaba de ser publicado nos foros de g11n.net o seguinte chamamento para colaborar no proceso de verificación da futura versión de OpenOffice.org, a nova 3.2. Na mensaxe  indícase cómo descargar o...

Novo recurso lingüístico liberado polo CIRP

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades acaba de liberar un novo recurso lingüístico baixo a licenza LGPLLR. Trátase dun corpus etiquetado morfosintacticamente e revisado a man que inclúe...

A Xunta xa non controla o Firefox en galego

Manuel Vilas . As dúbidas sobre Mancomun levan os activistas do software libre galego a traballar á marxe do Goberno. Un membro da plataforma G11n consegue o recoñecemento internacional como responsábel...

Método de galeguización

Estes días atrás estivemos a traballar na sistematización dun método de galeguización que puidese servir de referencia de entrada para a xente nova interesada en colaborar, á vez que poida valer...

Chamamento para a tradución de GNOME (versión 2.30)

Acábase de abrir o prazo para a tradución da versión 2.30 de GNOME, un contorno de escritorio intuitivo e de uso doado. O equipo de galeguización de GNOME querémosche facer este...

Grella terminolóxica

Glosarios, corpus, memorias de tradución e demais recursos lingüísticos

Grella terminolóxica

Mensaxepor xinelo » 27 Xan 2010, 15:53

Ola,

Así mesmo, como prometín, coloquei nesta "grella" unha breve explicación das modificacións que realicei dos termos que aparecen.

Na columna "tipo", que talvez sexa a única que non sexa moi clara, puxen:
? dúbida
! proposta
* corrección
+ para engadir ao glosario

Todo está aberto a discusión (sobre todo se metín a zoca en algo), non só as que teñen ?, e eventualmente todo sería para engadir ao glosario (se non houber obxeccións), pero os símbolos indican o meu grao de seguranza sobre a miña intervención.

Daquí a un tempo enviarei un TBX coas achegas novas tanto de ifrit como miñas, para que despois alguén (quen?) o fusione co TBX de mancomun 09 que xa existe. É esta a mellor maneira?

O documento é público para ver, pero non para editar (teño medo de piratadas). Se alguén quere deixar comentarios na columna "discusión", que me mande por MP o seu enderezo de Google. Se non (ou ademais), tamén se pode discutir no foro preceptivo. Ou será mellor facelo público para editar tamén? Non sei, acepto ideas.

Lémbrovos que se tedes dereitos de escritura na Google grella podedes crear regras de notificación para que vos chegue un aviso por correo cando haxa modificacións na planilla.

Saúde e esperamos os comentarios da xente que lea as páxinas.

ifrit escribiu:Ó mellor podíamos utilizar a wiki para este tipo de cousas... (supoño que haberá unha opción de editar só usuarios rexistrados)


Se a wiki funciona ben, pódese probar. Como se accede? Podería colocar os datos alí en formato lista...

A vantaxe da folla de cálculo colaborativa é que non é unha tabela HTML, senón unha... folla de cálculo, aínda que as de Google docs de momento teñen unhas cantas limitacións (como por exemplo non se pode filtrar por columna). Ten outras vantaxes, como notificacións cando alguén modifica, etc. Pero se cadra a vantaxe é relativa se hai que estar dando acceso a quen queira contribuir... Só é un prototipo, probémolo un pouco.

De momento xa hai dúas persoas que queren deixar comentarios. Viva!

Saúde,
Última edición por suso o 28 Xan 2010, 23:28, editado 4 veces en total
Razón: editando para mover a fío sobre grella terminolóxica
~xinelo
Avatar de Usuario
xinelo
 
Mensaxes: 42
Rexistrado: 18 Dec 2009, 21:12

Re: grella terminolóxica

Mensaxepor xinelo » 28 Xan 2010, 22:58

A grella era primeiramente para a miña organización persoal, pero decidín disponibilizala para pór en común as miñas intervencións. A outra maneira era crear un fío no foro de Terminoloxía para cada ringleira da grella (para cada termo). Para algúns dos termos que den de si para discutirmos, é iso o que farei.

Tanto me ten o sistema, sempre que sexa práctico e permita a participación (paréceme que esas vantaxes si as a ten unha planilla de Google docs). O importante é que se discutan as cousas e que daí saian achegas sólidas para irmos arrequentando o glosario de referencia (arriquitaun! :P )

Saúde
~xinelo
Avatar de Usuario
xinelo
 
Mensaxes: 42
Rexistrado: 18 Dec 2009, 21:12

Re: grella terminolóxica

Mensaxepor suso » 28 Xan 2010, 23:25

Pois sí, a verdade é que esta idea ten boa pinta e polo que vin podería dar solución (ao mellor non é a solución total se é que existe pero seguro que axuda) ao tema terminolóxico, que ten unha grande centralidade no traballo de localización.

Personalmente, sin meterme no tema da terminoloxía, penso que a ferramenta que mellor vos pode valer é xustamente o wiki; non sei si montando un wiki en forma de planilla, ou se cadra abrir un wiki para cada termo cunha estructura predeterminada... dende logo para albergar discusións e facer traballo colaborativo os wikis son a mellor opción e tamén permiten ese tipo de utilidades que valorades como o asunto das notificacións e demais. En todo caso, debe primar o que vos resulte máis cómodo á xente que teña mais interese no tema terminolóxico.

En todo caso, vexo moitas semellanzas nesta discusión que acabades de abrir coas propostas que Lucía Morado e ifrit facía nesta outra sobre o "Glosario terminolóxico de referenica para g11n.net". Non sei até que punto son cuestións converxentes, polo que vos deixo apuntada a cuestión por se ten interese xuntar os temas ou poñelos en relación dalgún modo. Deixarei agora unha mensaxe alí.
Para que o mal trunfe basta que a gente boa não faga nada. Edmund Burke
Avatar de Usuario
suso
Site Admin
 
Mensaxes: 85
Rexistrado: 22 Out 2009, 22:41

Re: Grella terminolóxica

Mensaxepor roebek » 29 Xan 2010, 00:32

Penso que esta proposta é moi interesante. Até a semana próxima non podería unirme á discusión pero a partir dese momento podería adicar algo de tempo para adaptar o wiki se queredes.
Non hai peor fascista ca un burgués asustado -- Anónimo
Avatar de Usuario
roebek
Site Admin
 
Mensaxes: 17
Rexistrado: 20 Out 2009, 00:09

Re: Grella terminolóxica

Mensaxepor xinelo » 29 Xan 2010, 02:51

Só para ver outra posibilidade de disposición dos datos e mentres alguén se decide a explicarme como acceder á wiki, fixen un sed 's/^([^\t]+)\t([^\t]*)\t([^\t]*)\t([^\t]*)\t([^\t]*)\t([^\t]*)\n/Orixinal:\t\1\nTradución:\t\2\nRevisión:\t\3\nPonderación: \4\nComentario do revisor: \5\nDiscusión:\n\6\n******************************************************\n/g' e isto é o resultado (unha lista, non unha tabela). Non comentedes as intervencións aquí, seguimos de momento na planilla de Google docs.

Vai quedar unha mensaxe un pouco longa... pero vamos tendo opcións:

- unha mensaxe no foro por cada termo/intervención (a forma canónica)
- Google docs (o meu favorito de momento)
- lista na wiki (esta mensaxe)
- tabela na wiki (verémola)
- ...

A miña idea primixenia era anotar as miñas intervencións para a miña organización persoal, daí derivou en facer partícipe ao tradutor delas para que aprenda e mellore en próximas traducións, daí derivou en discusión aberta e daí parece que deriva en ampliar a discusión a todos os termos, non só os que saian nas traducións que se revisan (o cal tamén me parece moi beneficioso). O formato que escollín pretendía ter todo centralizado nun documento de traballo, pero non é incompatible cos Foro terminolóxico, e de feito nos casos que dean máis guerra, pódense crear fíos particulares con cadansúa discusión propia sobre un (como fixen co location-aware).

Orixinal: orixinal
Tradución: tradución
Revisión: revisión
Ponderación: tipo
Comentario do revisor: comentario
Discusión:
discusión ifrit
******************************************************
Orixinal: Mozilla Foundation
Tradución: Mozilla Foundation
Revisión: =
Ponderación: ?
Comentario do revisor: en inglés? +1
Discusión:
[ifrit] eu voto por deixalo en inglés. Ese é o nome e non fai falta traducilo.
[gonçalo] eu normalmente deixaria os nomes comerciais etc. no original, mas também é certo que se acostumam traduzir Gnome Foundation e demais...
[xinelo] gonçalo, podes dar algum exemplo (un url)?
[gonçalo] esquece :( -Falei de memória e no Gnome 2.28 e produtos Mozilla em Mancomum optou-se por nom traduzir (hai algum caso isolado apenas).
******************************************************
Orixinal: inbox
Tradución: caixa de correos
Revisión: caixa de entrada
Ponderación: *
Comentario do revisor: Razón: glosario + “inbox” pode ser de sms's tamén, non só email
Discusión:
*
******************************************************
Orixinal: text
Tradución: texto
Revisión: mensaxe|mensaxe de texto|sms
Ponderación: *
Comentario do revisor:
Discusión:
*
******************************************************
Orixinal: bookmark
Tradución: gardar en marcadores
Revisión: marcar
Ponderación: *
Comentario do revisor: razón: glosario
Discusión:
> [ifrit] O glosario tamén se poderá discutir, non? A min iso de "marcar" non me parece suficientemente ilustrativo, por iso puxen o de "gardar en".
> [xinelo] Si, pódese discutir, pero o glosario é a referencia que temos, e é (ou debería ser, non sei en que estado está) produto do consenso da comunidade. Entón, se tu ves "marcar" en "Firefox permíteche marcar os teus sitios favoritos cun só toque.", paréceche que se pode entender outra cousa? Sempre hai terminoloxía que nos é nova e que nos resulta estraña. Neste caso, "bookmark" é unha metáfora de "marcar" a páxina pola que vas cando les un libro.
> [ifrit] O de marcar sóame máis a cando lle pos unha estrela ("to star"), pero tamén pode ser que sexa o qu dis ti.
> [xinelo] moi boa observación! tes parte de razón, e de feito o teu comentario serviu para detectar unha inconsistencia na tradución do thunderbird: http://corpus.mancomun.org/cgi-bin/xes_ ... s&idioma=0 -> foro
******************************************************
Orixinal: tap v.
Tradución: golpear
Revisión: dar un toque
Ponderación: !
Comentario do revisor: propoño esta tradución perifrástica para distinguir a tradución de “tap” v. da tradución de “touch” v., o cal non é posíbel se traducimos “tap” como “tocar”. cfr. touch. Aínda así, iso vale para o verbo, pero co substantivo: como traduces "with only one touch"? para distinguilo de "with only one tap"?
Discusión:
[ifrit] Con isto si que tiven problemas e me fixen algún lío... Eu non teño ningún dispositivo táctil e non estou demasiado familiarizado con ese vocabulario... Intentei imaxinar as palabras que usaría para ensinarlle a alguén un trebello deses... A túa opción paréceme menos violenta :D
[xinelo] Creo que fixen pura neoloxía.
******************************************************
Orixinal: touch n.
Tradución: golpe
Revisión: toque
Ponderación: *
Comentario do revisor: non é un golpe (golpear é como bater ou pegar), é un toque. A cuestión con este termo (touch v./n.) e tap (v./n.) é saber se son cousas diferentes ou non. Eu entendo que sí: “touch” é aplicar unha presión co dedo que pode durar como un segundo ou máis (que non chega a ser press/premer porque se aplica menos forza), mentres que “tap” é tocar e retirar o dedo. Vin por aí en Google algunha outra tradución que xa comentarei.
Discusión:
*
******************************************************
Orixinal: Touch of Genius
Tradución: toque do mestre
Revisión: toque mestre
Ponderación: */+
Comentario do revisor:
Discusión:
[ifrit] * si, soa mellor
******************************************************
Orixinal: enjoy
Tradución: desfrutar
Revisión: ok
Ponderación: !
Comentario do revisor: As autoridades lingüísticas recomendan a segunda en detrimento da primeira, recomendación que eu sempre achei arbitraria (sen falar das connotacións sexuais que pode ter a palabra "gozar", que non se deben ignorar). Ifrit usou "desfrutar" e a min non me parece mal, así que non o mudei. Dado que é moi relativo ou subxectivo que se poida considerar “desfrutar” incorrecto, creo que nos podemos permitir estas pequenas licenzas heterodoxas.
Discusión:
[ifrit] * se estás de acordo comigo non te vou levar a contraria ;) "desfrutar" e "gozar" son practicamente sinónimos en todos os contextos, mais o de "gozar" queda un pouco máis pomposo
[xinelo] que tomen nota os carecas da RAG ;)
******************************************************
Orixinal: settings
Tradución: configuración
Revisión: axustes
Ponderación: !
Comentario do revisor: homoxeneicei. cfr. setup, configuration, options
Discusión:
[ifrit] Outra das cousa cas que me rompín a cabeza e me liei por non facer algo como esto ;)
******************************************************
Orixinal: setup
Tradución: configuración/configurar
Revisión: =
Ponderación: !
Comentario do revisor: homoxeneicei. cfr. settings configuration, options
Discusión:

******************************************************
Orixinal: configuration
Tradución: configuración
Revisión: =
Ponderación: !
Comentario do revisor: homoxeneicei. cfr. settings, setup, options
Discusión:

******************************************************
Orixinal: double tap
Tradución: dous golpes
Revisión: dous toques
Ponderación: *
Comentario do revisor: cfr. tap
Discusión:
*
******************************************************
Orixinal: Awesome Bar
Tradución: Awesome Bar
Revisión: Barra fantástica
Ponderación: !
Comentario do revisor: é a tradución en pt (http://www.mozilla-europe.org/pt/firefox/features/). Esta función xa está en FF3? Se sí, como é que non está no corpus de mancomun?
Discusión:
[ifrit] ! Si, a Awesome Bar engadiuse no FF3. E sen dúbida a opción portuguesa é mellor que a española (Barra de direcciones alucinante http://www.mozilla-europe.org/es/firefox/features/) Eu deixeino tal cual porque non fun espelido dabondo como para atopar unha tradución anterior :p
[xinelo] daquela, repito a pregunta. se está no FF3 en gl, como é que non aparece no corpus?
******************************************************
Orixinal: Site for sore eyes
Tradución: Sitio para ollos doloridos
Revisión: Sitio para ollos saturados
Ponderación: !
Comentario do revisor: (outras opcións: maltratados) See context
Discusión:
Os ollos doen, coido que non están maltratados, nin tampouco saturados "A escolla de cores desta páxina fai que me doan os ollos" Gústo máis da miña opción ;) http://dictionary.reference.com/browse/sore E hai unha cuarta opción que sería "irritados" :)
******************************************************
Orixinal: URLs
Tradución: URLs
Revisión: =
Ponderación: ?
Comentario do revisor: A norma di que (ou recoméndase que) as siglas non leven marca de plural, pero a min paréceme unha norma discutíbel. Seguíndoa, temos frases como “Esquécete de escribir longos URL, deixa que a Barra fantástica faga a busca e che dea os sitios que adoras nun intre.”, “ Instala complementos que comparten a túa información con redes sociais, arranxan URL con grallas ou traducen as túas preguntas a outro idioma, todo dende a comodidade do teu teléfono móbil.” Eu son purista pero non de habanos, non sei por que as siglas non teñen dereito a teren plural (sobre todo cando soa artificial se non o teñen).
Discusión:
[xinelo] Si, penso que é unha cuestión totalmente de estilo. En castelán sería UURRLL, non? :D
[gonçalo] concordo, mas a convençom é nom colocar o plural, e assi o estám fazendo noutras traduçons. Digo-o por manter na medida do possível umha certa homogeneidade entre os diferentes ámbitos de traduçom.
[xinelo] obrigado gonçalo. quero ler máis opinións, a ser posíbel de tradutores
******************************************************
Orixinal: options
Tradución: opcións
Revisión: ok
Ponderación: +
Comentario do revisor: cfr. setup, configuration, settings
Discusión:
*
******************************************************
Orixinal: embedded link
Tradución: ligazón adxunta
Revisión: ok
Ponderación: +
Comentario do revisor:
Discusión:
* [ifrit]
[gonçalo] e "incorporada"? (é habitual no corpus). Com "adxunta" semelha nom fazer parte de outra cousa, mais bem referenciada por ela...
******************************************************
Orixinal: Frequently Asked Questions
Tradución: Preguntas máis frecuentes
Revisión: ok
Ponderación: +
Comentario do revisor: cfr. FAQ
Discusión:
*
******************************************************
Orixinal: wireless plan
Tradución: tarifa de internet móbil
Revisión: ok
Ponderación: +
Comentario do revisor:
Discusión:
*
******************************************************
Orixinal: carrier data rates
Tradución: tarifas de transferencia de datos
Revisión: ok
Ponderación: +
Comentario do revisor:
Discusión:
*
******************************************************
Orixinal: address bar
Tradución: barra de enderezos
Revisión: ok
Ponderación: +
Comentario do revisor:
Discusión:
*
******************************************************
Orixinal: FAQ
Tradución: FAQ
Revisión: =
Ponderación: ?
Comentario do revisor: cfr. Frequently Asked Questions
Discusión:
(+)
******************************************************
Orixinal: supported
Tradución: soportado
Revisión: compatíbel
Ponderación: ?
Comentario do revisor: Aquí non respectei o glosario, porque o de “soportado” non me parece boa equivalencia (e en calquera caso, as equivalencias do glosario, que no glosario están fóra de contexto, deben usarse se cada contexto concreto o permite). Non sei se este termo se discutiu e se hai consenso sobre el, se for así dou para atrás coa miña corrección. Pero pode ser que non sexa así e que haxa que actualizar o glosario. Ou pode ser que alguén me convenza de que é mellor "soportado" ;) Aquí fica o meu comentario.
Discusión:
[ifrit] Eu fixen o mesmo pensamento lóxico que ti, pero tomei a decisión contraria :D Non entendo senon porque está no glosario.
[gonçalo] Nas discusons em Trasno optou-se por "compatível", e assi o estám propagando noutros contextos. Eu aqui também tenho as minhas reservas, creio que "compatível" nom encaixa em todos os contextos onde se pode ver "soporte/soportar".
[xinelo] pode ser, creo que non encaixaba en todos. creo que hai que ser flexíbel/pragmático e admitir variantes, pero tamén hai que ter preferencias -> foro
******************************************************
Orixinal: Supported devices
Tradución: Dispositivos soportados
Revisión: Dispositivos compatíbes
Ponderación:
Comentario do revisor: o mesmo que “supported”
Discusión:
idem
******************************************************
Orixinal: download to your mobile device
Tradución: descargar ao teu dispositivo
Revisión: descargar no teu dispositivo
Ponderación: ?
Comentario do revisor: a diferenza é sutil pero non desdeñábel: trátase dun calco e certamente dicimos “descargar no computador ou no dispositivo” ou realmente son cousas diferentes e neste caso debe ser “descarga ao dispositivo”? cfr. “Download Firefox to your desktop”
Discusión:
[ifrit] Vexo e entendo o que dis, pero non podería inclinarme por un.
[gonçalo] entendo o que dis, mas "descargar a" é bem estranho em ILGA/RAG; sempre "descargar en/de"...
******************************************************
Orixinal: Download Firefox to your desktop
Tradución: Descarga Firefox ao teu escritorio
Revisión: Descarga Firefox no teu escritorio (calco?, preposición)
Ponderación: ?
Comentario do revisor: o mesmo que “download to your mobile device”
Discusión:
idem
******************************************************
Orixinal: Fab Tabs
Tradución: Fab Tabs
Revisión: Separadores incríbeis
Ponderación: ?
Comentario do revisor: Paréceme que se se mantén o nome en inglés, pode non ser claro para moita xente. Meu pai se le “Fab Tabs” non sabe o que é iso.
Discusión:
[ifrit] Non tiña nin idea de como traducilo e preferín deixalo tal cual. Está así noutras versións de FF? (Por outra parte: Fab Tabs - separadores incríbeis, hai unha diferencia de tamaño considerábel :) pero se é así, que lle imos facer, cousas da lingua)
[xinelo] creo que o collín da versión en pt ou br, pero agora non o encontro. si, o factor de expansión, que se chama. o galego non é inglés pero aínda ben que non é finés! :)
******************************************************
Orixinal: Get Up and Go
Tradución: Érguete e marcha
Revisión: Sempre contigo
Ponderación: !
Comentario do revisor: A tradución parecíame demasiado literal e moi forzada. Vede o contexto para entender o meu cambio (que atende ao sentido e non á expresión orixinal). Outra opción na que pensei era “Arriba, e alá vás!” :)
Discusión:
[ifrit] Si, si que é forzada. Intentei manter a estructura da frase con dous imperativos. Outra opción podería ser: "Listo para levar"
[xinelo] tamén! soa un pouco a prêt-à-porter, pero vai por aí a idea
******************************************************
Orixinal: Get Personal
Tradución: Máis persoal
Revisión: ok
Ponderación: +
Comentario do revisor:
Discusión:

******************************************************
Orixinal: Using Firefox
Tradución: Usando Firefox
Revisión: A usar Firefox
Ponderación: *
Comentario do revisor: Ver a guía de estilo. Eu gostaba máis de “Uso de Firefox” pero sigo apliquei a guia.
Discusión:
[ifrit] * Infinitivo por xerundio, estou de acordo.
[xinelo] aaaaro
******************************************************
Orixinal: location-aware
Tradución: segundo a localización
Revisión: sensíbel á localización
Ponderación: !
Comentario do revisor: Despois de todas as opcións que considerei e de ler as responstas nos foros de g11n e proz, este equivalente foi o que máis acaído semántica e denominativamente me pareceu. Segue aberto a discusión, no seu fío correspondente ou aquí. Outras opcións que me gustaban eran “con recoñecemento de localización” (pero talvez non recolle suficientemente todo o que implica o termo) ou simplemente “con localización” (simple pero vago). Este adxectivo é combinábel con "services", "computing", "applications", "printing", "devices", "browsing"
Discusión:
[ifrit] Eu apoio a miña proposta :)
[xinelo] Isto está no foro e de momento só opinamos suso, ifrit e eu :(((
******************************************************
Orixinal: sign in
Tradución: accede/rexístrate
Revisión: inicia sesión
Ponderación: !
Comentario do revisor: o único glosario no que viña é o de MS
Discusión:
[ifrit] Un clásico, pareceume moi raro que non viñera no glosario.
[gonçalo] o glossário tem umha presença baixa de aplicativos referidos à web. Creio que a segunda soluçom já está asentada para "log in / login", que sería aqui um paso posterior ao registro "sign in" nom?
[xinelo] sign up/register > rexistrarse/cadastrarse(ptbr), sign in/log in/log on > iniciar sesión, log out/log off > cerrar sesión, ou algo así
******************************************************
Orixinal: mobile add-ons
Tradución: complementos do móbil
Revisión: complementos móbiles
Ponderación: !
Comentario do revisor: Non son do móbil, son do navegador no móbil
Discusión:
[ifrit] Así enténdese "complementos que se poden mover", candos son "complementos para o navegador do móbil". O problema é que "complemento" é moi xenérico, emntres que add-on é usado por Mozilla nalgo máis concreto.
[xinelo] Si, exacto. A miña idea era darlle un sentido á palabra móbil similar á que lle están dando en inglés, neste caso: "add-ons que se usan no Firefox para móbil", como ben dis tu. hai que encontrar unha forma sintética, a miña tampouco me convence demasiado... Quería ser creativo o que pasa é que neste caso a creatividade tamén é necesaria en que o lea...
******************************************************
Orixinal: about:mobile
Tradución: de:móbil
Revisión: about:mobile
Ponderación: ?
Comentario do revisor: É o nome dun boletín, non creo que se deba traducir pero non teño certeza.
Discusión:
[ifrit] Agora non sei moi ben porqué o traducín. Onde está?
[gonçalo] "about:" aqui suponho que é o sistema de redireccionamento rápido a páginas fixas e que se escreve na barra de endereços, como "about:credits" no Firefox... Em princípio nom se deveria traduzir; a dúvida que me queda é se a página "mobile" tem o nome traduzido ou nom (noutros idiomas nom aparece traduzido) [ifrit] Como di xindilo é o nome dun boletín,, por iso o traducín, por se hai tradución ó galego... Pero pensándoo mellor, e tendo en conta que é un termo que non está traducido no FF, diría de deixalo así.
******************************************************
Orixinal: code snippets
Tradución: code snippets
Revisión: fragments de código
Ponderación: *
Comentario do revisor: conforme o glosario tbx (snippet > fragment)
Discusión:
[ifrit] Como non tiña nin idea do que era iso preguntei a colegas que controlan de programación e dixéronme que é algo que non se tarduce. Pero eu NPI
[xinelo] xa, que che van dicir os informáticos. os biólogos tamén din DNA...
******************************************************
Orixinal: scroll down
Tradución: baixar a barra de desprazamento
Revisión: baixar coa barra de desprazamento
Ponderación: +
Comentario do revisor:
Discusión:

******************************************************
Orixinal: scroll up
Tradución:
Revisión: subir coa barra de desprazamento
Ponderación: +
Comentario do revisor:
Discusión:

******************************************************
Orixinal: web-based email
Tradución: e-mail web
Revisión: correo electrónico baseado en web
Ponderación: +
Comentario do revisor:
Discusión:
[ifrit] eu sempre digo webmail :p
******************************************************
Orixinal: font
Tradución: fonte
Revisión: tipo de letra
Ponderación: *
Comentario do revisor: razón: glosario
Discusión:

******************************************************
Orixinal: surf
Tradución: surfear
Revisión: navegar
Ponderación: ?
Comentario do revisor:
Discusión:
Como traduzo "browse" por "navegar" e "surf" é facer o mesmo mais de outra maneira quixen manter diferencia, pero tampouco pasa nada.
******************************************************
Orixinal: search provider
Tradución: buscador de provedores
Revisión: provedor de buscas
Ponderación: !
Comentario do revisor:
Discusión:
[ifrit] onde está?
[xinelo] na túa tradución, claro :D
[ifrit] xa, ho :D pero exactamente en que ficheiro, que non o atopo
[xinelo] mobile/features/index.html.xlf
******************************************************
Orixinal: rendering engine
Tradución: motor de renderización
Revisión: ok
Ponderación: +
Comentario do revisor:
Discusión:
ok
******************************************************
Orixinal: at near native speed
Tradución: case a velocidade nativa.
Revisión: a velocidade case nativa
Ponderación: *
Comentario do revisor:
Discusión:

******************************************************
Orixinal: Web workers
Tradución: Web workers | traballo web
Revisión: =
Ponderación: ?
Comentario do revisor: Non fixen cambios, pero parece que hai unha inconsistencia... Suxestións?
Discusión:
[ifrit] onde está?
[xinelo] 1) Firefox includes important features like Location-Aware browsing, the <canvas> and <svg> tags, Web workers and offline storage. > Firefox inclúe importantes funcionalidades como a Navegación sensíbel á localización, as etiquetas <canvas> e <svg>, Web workers e almacenamento sen conexión. VS. 2) Web Worker Threads > Fíos de traballo web
******************************************************
Orixinal: Weave Sync
Tradución: Weave Sync
Revisión: ok
Ponderación: +
Comentario do revisor: Neste caso xa non me parece moi traducible, pero en xeral é boa idea traducir os nomes dos complementos? Non pode haber inconsistencias co nome que teñen na web de onde se baixan?
Discusión:

******************************************************
Orixinal: web forgery
Tradución: falsificación de web
Revisión: ok
Ponderación: +
Comentario do revisor:
Discusión:

******************************************************
Orixinal: level of scrutiny
Tradución: nivel de confianza
Revisión: =
Ponderación: ?
Comentario do revisor:
Discusión:
[ifrit] está claro que "level of scrutiny" non é a tradución "de nivel de confianza", pero en esencia vén sendo o mesmo, non sei se me explico... (coido que xinelo tamén o entendeu así)
[xinelo] xindilo?? non é o mesmo, a non ser que lle chamemos así ao que eles lle chaman asado, daquela (o referente) sí sería o mesmo (pero en principio o significado non: a confianza é o que se outorga en maior ou menor medida en función do resultado do escrutinio). talvez se podan usar indistintamente ou facer intercambiábeis pero hai que mirar os contextos -> foro (con contextos e traducións noutras linguas)
******************************************************
Orixinal: built-in
Tradución: integrado
Revisión: ok
Ponderación: +
Comentario do revisor:
Discusión:

******************************************************
Orixinal: add-on|addon
Tradución: engadido
Revisión: complemento
Ponderación: *
Comentario do revisor: razón: glosario de MS e de trasno + 1) http://corpus.mancomun.org/cgi-bin/xes_ ... mit=Buscar + 2) http://sli.uvigo.es/CLUVI/cluvi_en.php? ... l-logaliza
Discusión:
[ifrit] isto foi un erro meu. engadido = plugin
[xinelo] xa sabemos que foi erro teu :) el que tiene boca se equivoca, disque ;)) ora, penso que hai que discutir ou falar de todos estes termos que fan referencia a cousas parecidas pero diferentes (complementos, engadidos, extras, extensións, etc.) para estarmos seguros de que as nosas escollas son coherentes entre si. talvez xa se falou e non o vin (moi posíbel), por tanto agradezo que alguén me diga "le isto"
[gonçalo] hai umha pequena discusom no fio do G11n "Habeo problemo" [sic] de 12-10-2008;
******************************************************
Orixinal: to track
Tradución: facer un seguimento
Revisión: ok
Ponderación: +
Comentario do revisor:
Discusión:

******************************************************
Orixinal: instant web site ID
Tradución: identidade do sitio web
Revisión: ID instantáneo do sitio web
Ponderación: *
Comentario do revisor: é a tradución en pt (http://www.mozilla-europe.org/pt/firefox/features/). Esta función xa está en FF3? Se sí, como é que non está no corpus de mancomun?
Discusión:
[ifrit] eu traduciría ID por identidade (para o meu gusto os portugueses sgustan demasidao dos anglicismos)
[gonçalo] concordo, mas ID é umha dessas poucas abreviaturas que ganhárom espaço (entedem-se).
[xinelo] e creo entender que non é o mesmo "ID" que "identidade", houbo unha discusión sobre o xénero de ID na lista (asunto: "[G11n] ID - masculino ou feminino"); é moi interesante o que di Miguel Bouzada. Ademais, é certo o que di Gonçalo.
******************************************************
Orixinal: plugin
Tradución: plugin
Revisión: =
Ponderación: ?
Comentario do revisor: no glosario vén o anglicismo mantido como equivalente, pero noutros hai outras cousas, como “engadido” (trasno) ou “complemento” (MS, en contradición coa nosa tradución de “addon”). Non o toquei porque non sei que pensar.
Discusión:
[xinelo] un anónimo propuxo "engadido"
[ifrit] eu tamén opinó así en 50 e traduzo plugin por engadido
[xinelo] ok, isto tamén hai que falalo no foro, entón. no FF3gl está plugin, e non habería que crear inconsistencias, acho -> foro
******************************************************
Orixinal: build
Tradución: construír
Revisión: deseñar, desenvolver
Ponderación: *
Comentario do revisor: "Axuda a construír Firefox para móbil".
Discusión:

******************************************************
Orixinal: best practice
Tradución: mellores maneiras
Revisión: boas prácticas
Ponderación: *
Comentario do revisor: equivalencia implantada en pt/es (http://pt.wikipedia.org/wiki/Boas_práticas)
Discusión:
[gonçalo] eu optaria pola segunda, que também é de uso corrente em espanhol
******************************************************
Orixinal: apps
Tradución: aplicacións
Revisión: =
Ponderación: ?
Comentario do revisor: merecería a pena unha abreviatura (p. ex. aplis)?
Discusión:
[ifrit] Se non se fai con ningún outro termo... a outra opción sería apps.
[xinelo] Que non se faga non quere dicir que non se comece a facer. Eu non gosto de calcar do inglés, pero facía a pregutna porque non sei se en determinados contextos pode ser necesario distinguir entre "apps" e "applications". Outro caso en que a abreviatura podería ser práctica (e podería non selo) é "applet" (>miniaplis?)
[gonçalo] O da abreviatura nom o vejo... ficaria estranha ao nom ser algo habitual. Despois das discusons em Trasno, está-se a traduzir por "aplicativo" (Ubuntu, Gnome etc.).
[xinelo] si, vin comentarios da xente de trasno, onde comentaba que había que afacerse e tal, pero no seguín a discusión sobre o termo
******************************************************
Orixinal: pop-under window
Tradución: fiestra emerxente
Revisión: xanela oculta
Ponderación: !
Comentario do revisor: Outra opción, máis pitoresca: “xanela somerxente”. "somerxente" pretende ser a "emerxente" o mesmo que pop-under é a pop-up (formalmente) pero talvez "oculta" describa mellor o comportamento destas xanelas
Discusión:
[gonçalo] "fiestra emerxente"? é erro por "fiestra oculta"? Em qualquer caso, se a orde indica algum nível de prioridade, "xanela" utiliza-se mais que "fiestra", quando menos no último ano (poderia-se conferir o OpenTran).
[xinelo] si, gonçalo, daí a miña corrección
******************************************************
Orixinal: bookmarking
Tradución: gardado de marcadores | marcapáxinas
Revisión: marcadores
Ponderación: !
Comentario do revisor: Ver páxinas de referencia en es e pt.
Discusión:
[ifrit] Pode que puxera marcapáxinas por despiste, pero o que creo que non podemos traducir igual é "bookmarks" e "bookmarking", non?
[xinelo] talvez non, hai que ver os contextos concretos -> foro (nota para min para abrir un fío no foro con isto, ou consideralo, polo menos)
******************************************************
Orixinal: Learn more
Tradución: Aprende máis
Revisión: Obter/Obtén máis información
Ponderación: !
Comentario do revisor:
Discusión:

******************************************************
Orixinal: tab
Tradución: pestana
Revisión: separador
Ponderación: *
Comentario do revisor: razón: glosario
Discusión:

******************************************************
Última edición por xinelo o 03 Feb 2010, 00:16, editado 1 vez en total
~xinelo
Avatar de Usuario
xinelo
 
Mensaxes: 42
Rexistrado: 18 Dec 2009, 21:12

Re: Grella terminolóxica

Mensaxepor apana » 02 Feb 2010, 20:16

Gran traballo :shock:
apana
 
Mensaxes: 7
Rexistrado: 26 Out 2009, 18:00

Re: Grella terminolóxica

Mensaxepor xinelo » 03 Feb 2010, 16:28

~xinelo
Avatar de Usuario
xinelo
 
Mensaxes: 42
Rexistrado: 18 Dec 2009, 21:12

Re: Grella terminolóxica

Mensaxepor apana » 03 Feb 2010, 21:24

xinelo escribiu:Grazas, apana. Participas?
https://spreadsheets.google.com/ccc?key ... PN0E&hl=en


Ola xinelo,
realmente non estou a vosa altura na discusión terminolóxica, máis ben aprendo de vós. Porén sígo o voso traballo para aproveitalo no campo da tradución, onde teño certa experiencia.
apana
 
Mensaxes: 7
Rexistrado: 26 Out 2009, 18:00


Volver a Recursos lingüísticos

Quen está en liña

Usuarios navegando neste foro: Ningún usuario rexistrado e 1 convidados

cron

Valid XHTML 1.0 Transitional CSS ist valide!