|
Descarga Firefox no teu móbil! |
|
|
|
|
Escrito por g11n
|
|
Xoves, 28 Xaneiro 2010 00:00 |
|
Xa se pode descargar o Firefox para móbiles, a primeira versión de Firefox específicamente deseñada para funcionar en dispositivos móveis con pantalla táctil. Novamente poderemos desfrutar deste avanzo tecnolóxico grazas ao traballo da comunidade galega de tradución, e moi especialmente o de Manuel (Ifrit) que se encargou da tradución e do filólogo e traductor profesional Manuel Souto Pico (Xinelo) que levou a cabo a revisión lingüística.
Trátase do Firefox de sempre, redeseñado para funcionar mellor no teu dispositivo móvil. En principio esta versión funciona para dispositivos con Maemo de Nokia e tamén con Windows Mobile, se ben esta última opción aínda terá que agardar uns meses.
En cambio, a versión para Maemo de Nokia xa é plenamente funcional e vai moi pero que moi ben! Se tes un móbil con Maemo, como o Nokia N900 ou N810, só tes que introducir o teu número de móbil e a Fundación Mozilla enviarache gratuitamente ao teu móbil o enderezo para descargalo.
Lembra tamén que o plugin de Flash ven desactivado por defecto, pero funciona ben en páxinas como YouTube; atoparás na axuda instrucións para activalo se queres facelo, en modo avanzado.
Así que xa podemos desfrutar do Firefox no noso dispositivo táctil! Coa túa axuda acadaremos que progresivamente vaia estando dispoñibel nun número cada vez maior de móbiles e plataformas. |
|
Última actualizaciónfeita en Venres, 12 Febreiro 2010 14:09 |
|
|
Disfrázate de OpenOffice 3.2 neste antroido! |
|
|
|
|
Escrito por g11n
|
|
Venres, 12 Febreiro 2010 13:21 |
|
Tras un longuísimo proceso de testaxe e de probas para asegurar a súa máxima calidade, xa se pode descargar a versión 3.2 de OpenOffice en galego. Sen lugar a dúbidas, trátase da mellor versión deste completo pacote ofimático tanto no aspecto técnico cunha impresionante mellora na súa velocidade de funcionamento, como tamén no aspecto lingüístico, acadando prácticamente o 100% da tradución da axuda no noso idioma grazas á comunidade galega de tradución e moi particularmente á personal adicación do filólogo Antón Méixome.
A igual que viñamos avisando nos anuncios do Thunderbird e do Firefox, esta versión aparece no medio dun proceso de cambio na coordenación do proxecto causada polo desmantelamento de Mancomún iniciado polo Partido Popular, e que provocou o abandono por parte da Xunta das traducións que viña realizando.
Por este motivo, aínda que o exhaustivo proceso de probas dirixido por Sun Microsystems garante a máxima calidade do produto, aínda non puidemos actualizar a web oficial da versión galega do OpenOffice. Agardamos logralo nos próximos días, mais non queremos que ninguén perda a ocasión de actualizar o seu OpenOffice -cousa que recomendamos encarecidamente- de maneira que aquí deixamos as ligazóns de descarga para as plataformas mais difundidas:
- Descargar OpenOffice.org 3.2 para Windows
- Descargar OpenOffice.org 3.2 para Linux tipo DEB (como Debian/ Ubuntu/ Galinux...)
- Descargar OpenOffice.org 3.2 para OSX tipo Intel
Ademais, existen versións para outros tipos, como 64 bits -tanto en Linux como en Windows-, tamén RPM para Linux tipo RedHat/ Mandriva, para OSX tipo PPC así como versións para Solaris -tanto para máquinas Sparc como x86- que poden atoparse na páxina global de descargas de OpenOffice.org. Tamén nesa web poderemos atopar a versión para outros idiomas próximos como o Portugués (Europa ou Brasil) e tamén español.
Anímate a disfrazarte de OpenOffice.org 3.2 neste anrtoido!! |
|
Última actualizaciónfeita en Venres, 12 Febreiro 2010 15:31 |
|
Xa temos o Thunderbird 3 en galego |
|
|
|
|
Escrito por g11n
|
|
Mércores, 09 Decembro 2009 00:00 |
|
A Fundación Mozilla acaba de anunciar a publicación da última versión de Thunderbird, o programa libre de correo electrónico rápido, flexibel e seguro. E grazas á comunidade galega de tradución, podemos descargalo dende xa en galego.
Aínda que todo debería ir ben, queremos avisar da posibilidade de que aparezan problemas coa tradución galega do Thunderbird. O motivo non é outro que o proceso de desmantelamento de Mancomún iniciado polo PP dende que chegou á Xunta, que provocou a interrupción do traballo de tradución iniciado polo personal do CESGA, e que xa non poderá continuar.
Dende a plataforma g11n.net faremos todo o posibel por resolver problema calquera problema que poida xurdir, para o que vos pedimos que si detectades calquera erro enviedes notificación ben á rolda de coordenación de Mozilla (no correo electrónico
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
) ou ben deixando unha mensaxe no foro comunitario g11n.net. |
|
Última actualizaciónfeita en Venres, 12 Febreiro 2010 12:52 |
|
|
Acaba de saír o Firefox 3.6 en galego |
|
|
|
|
Escrito por g11n
|
|
Venres, 22 Xaneiro 2010 00:00 |
|
Xa se pode descargar o novo Firefox 3.6 no noso idioma. Trátase dunha versión moi mellorada do navegador mais popular que incorpora novas e importantes melloras: un 20% mais de velocidade, maior comodidade na apertura de novos separadores (ábrense ao lado do separador actual en troques de abrirse ao final de todo) e mais de 6.000 complementos gratuitos cos que personalizar o seu funcionamento.
A igual que xa fixeramos co Firefox, compre avisar que aínda que todo debería ir ben, existe a posibilidade de que aparezan problemas coa tradución galega do Thunderbird. O motivo non é outro que o proceso de desmantelamento de Mancomún iniciado polo PP dende que chegou á Xunta, que provocou a interrupción do traballo de tradución iniciado polo personal do CESGA, e que xa non poderá continuar.
Dende a plataforma g11n.net faremos todo o posibel por resolver problema calquera problema que poida xurdir, para o que vos pedimos que si detectades calquera erro enviedes notificación ben á rolda de coordenación de Mozilla (no correo electrónico
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
) ou ben deixando unha mensaxe no foro comunitario g11n.net.
A desfrutar do mellor navegador do mercado! |
|
Última actualizaciónfeita en Venres, 12 Febreiro 2010 14:14 |
|
Xa temos Songbird 1.4.3 en galego |
|
|
|
|
Escrito por g11n
|
|
Luns, 11 Xaneiro 2010 00:00 |
|
Chéganos aviso de Carlos Neira Cortizas da tradución ao galego do Songbird 1.4.3.Trátase dun reprodutor multimedia baseado no software de Mozilla que funciona moi ben. Grazas Carlos!! Esta era a súa mensaxe:
Ola a todas/os Estréome na rolda de correos anunciándovos a localización ao galego da última versión do Songbird, aplicación baseada en Mozilla para a reprodución e xestión de bibliotecas multimedia. Publiquei o anuncio en http://calidonia.eu/ Naturalmente calquera comentario ou corrección será benvida pois eu non puiden testar todas as funcionalidades. Un saúdo -- Carlos Neira Cortizas--------------------- http://calidonia.eu/ Tel: +34 669 829 373
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 Seguinte > Final >>
|
|
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL |