|
Publicada a versión 2.0.0 de Pootle |
|
|
|
|
Escrito por g11n
|
|
Luns, 07 Decembro 2009 16:27 |
|
Hoxe foi publicada de forma oficial a nova versión (2.0.0) de Pootle, un sistema web de axuda á tradución. Algunhas das principais melloras que incorpora esta versión son:
- Nova interface de usuario, máis bonita e configurábel e con mellor xestión das contas. Inclúe información útil para o tradutor como a coincidencia con entradas dun glosario terminolóxico.
- Melloras na xestión da interface web, con diferentes perfís de administración.
- Integración co Translate Toolkit, o que permite amosar estatísticas e empregar técnicas de QA nas traducións.
- Maior rendemento: soporte para un maior número de usuarios concurrentes, melloras na indexación dos textos (mediante Xapian ou Lucene), etc.
- Outras melloras técnicas:
- Posibilidade de usar LDAP para a autentificación de usuarios.
- Uso como aplicativo independente ou servido por Apache.
- Pode usar moitos motores de bases de datos, ademais de MySQL.
Pódese consultar tamén unha lista completa de características do aplicativo.

Pode descargar esta nova versión na páxina oficial de descarga de Pootle en SourceForge.
|
|
Última actualizaciónfeita en Luns, 07 Decembro 2009 16:40 |