|
Chamamento: verificación do novo OpenOffice 3.2 |
|
|
|
|
Escrito por susinho
|
|
Domingo, 15 Novembro 2009 18:19 |
|
Acaba de ser publicado nos foros de g11n.net o seguinte chamamento para colaborar no proceso de verificación da futura versión de OpenOffice.org, a nova 3.2. Na mensaxe indícase cómo descargar o programa para probalo. O prazo para facer a verificación finaliza este mércores 18 de novembro de 2009.
A seguir reproducimos o texto da mensaxe publicada nos foros:
Ola!
Queres axudarnos a probar o novo OpenOffice.org 3.2 no teu idioma? Entón segue a ler:
Acaba de ser publicado un adianto da próxima versión de OpenOffice.org que, grazas ao traballo comunitario, incorpora xa a súa tradución ao noso idioma. Trátase dunha versión de probas que nos permitirá verificar o seu correcto funcionamento e resolver así calquera problema grave antes de que se produza a publicación da súa versión oficial.
Dende a equipa de galeguización de OpenOffice.org queremos pedir a túa colaboración para axudarnos nesta importante tarefa. O proceso é moi sinxelo: consiste en:
- Instalar (ver nota a pe de paxina [1]) o aplicativo (Linux ou Windows)
- Probalo (por exemplo entrando nos menús, consultando a axuda, premendo os botóns, examinando os cadros de diálogo...) e finalmente:
- Avisarnos por correo no enderezo
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
de calquera erro grave que puideras detectar.
Lembra que o prazo para a recepción de erros finaliza o próximo mércores 18 de novembro de 2009, polo que só temos esta semana para verificar o seu funcionamento.
Grazas dende xa pola túa colaboración! --
[1] Lembra que se trata dunha versión de probas e por tanto que debes extremar as precaucións, especialmente poñendo a salvo a túa configuración e os teus ficheiros e desinstalando as versións anteriores do aplicativo antes de instalar esta versión de probas. Podes descargar a versión de probas para Linux (DEB ou RPM) e tamén para Windows nas seguintes ligazóns:
Fonte: http://foros.g11n.net/viewtopic.php?f=19&t=30 |
|
Última actualizaciónfeita en Domingo, 15 Novembro 2009 19:32 |