Tras un longuísimo proceso de testaxe e de probas para asegurar a súa máxima calidade, xa se pode descargar a versión 3.2 de OpenOffice en galego. Sen lugar a dúbidas,...
Xa se pode descargar o Firefox para móbiles, a primeira versión de Firefox específicamente deseñada para funcionar en dispositivos móveis con pantalla táctil. Novamente poderemos desfrutar deste avanzo tecnolóxico grazas...
Xa se pode descargar o novo Firefox 3.6 no noso idioma. Trátase dunha versión moi mellorada do navegador mais popular que incorpora novas e importantes melloras: un 20% mais de...
Chégannos boas novas a traverso da nosa rolda comunitaria: tras un longo proceso de reflexión e papelame, ven ao mundo unha nova asociación vencellada ao software libre e ao galego....
A Fundación Mozilla acaba de anunciar a publicación da última versión de Thunderbird, o programa libre de correo electrónico rápido, flexibel e seguro. E grazas á comunidade galega de tradución,...
|
| Novo recurso lingüístico liberado polo CIRP |
|
|
|
| Escrito por minhoca |
| Xoves, 12 Novembro 2009 07:46 |
|
O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades acaba de liberar un novo recurso lingüístico baixo a licenza LGPLLR. Trátase dun corpus etiquetado morfosintacticamente e revisado a man que inclúe aproximadamente 300.000 formas tomadas de textos xornalísticos. Está dispoñíbel para descarga en:
http://corpus.cirp.es/xiada/corpus_xiada_2_3.tar.gz Até agora xa era posíbel o acceso ao corpus mediante a ferramenta web de procura presentada hai uns meses. Este recurso pode resultar moi útil á hora de mellorar as ferramentas lingüísticas que existen na actualidade, ou para adestrar modelos estatísticos. A nova foi anunciada na lista corpora. |