Autenticación



Disfrázate de OpenOffice 3.2 neste antroido!

OpenOffice.org 3.2 Tras un longuísimo proceso de testaxe e de probas para asegurar a súa máxima calidade, xa se pode descargar a versión 3.2 de OpenOffice en galego. Sen lugar a dúbidas,...

Descarga Firefox no teu móbil!

Firefox para móbiles Xa se pode descargar o Firefox para móbiles, a primeira versión de Firefox específicamente deseñada para funcionar en dispositivos móveis con pantalla táctil. Novamente poderemos desfrutar deste avanzo tecnolóxico grazas...

Acaba de saír o Firefox 3.6 en galego

Firefox Xa se pode descargar o novo Firefox 3.6 no noso idioma. Trátase dunha versión moi mellorada do navegador mais popular que incorpora novas e importantes melloras: un 20% mais de...

Xa temos Songbird 1.4.3 en galego

Exemplo do reprodutor Chéganos aviso de Carlos Neira Cortizas da tradución ao galego do Songbird 1.4.3.Trátase dun reprodutor multimedia baseado no software de Mozilla que funciona moi ben. Grazas Carlos!! Esta era a...

Constitúese a Asociación Proxecto Trasno

Logo da Asociación Trasno Chégannos boas novas a traverso da nosa rolda comunitaria: tras un longo proceso de reflexión e papelame, ven ao mundo unha nova asociación vencellada ao software libre e ao galego....

Xa temos o Thunderbird 3 en galego

Thunderbird 3 en galego A Fundación Mozilla acaba de anunciar a publicación da última versión de Thunderbird, o programa libre de correo electrónico rápido, flexibel e seguro. E grazas á comunidade galega de tradución,...

Estamos a probar o Pootle na plataforma g11n.net

Onte anunciabamos o lanzamento da versión 2.0.0 do Pootle... Despois dun mes de posta en común e dunha intensa e divertida noite de traballo, conseguimos instalar este servizo de tradución colaborativa. http://traduce.g11n.net/ Axúdasnos...

Publicada a versión 2.0.0 de Pootle

Hoxe foi publicada de forma oficial a nova versión (2.0.0) de Pootle, un sistema web de axuda á tradución. Algunhas das principais melloras que incorpora esta versión son: Nova interface de usuario,...

Publicada a versión 0.5.0 de Virtaal

Hoxe foi publicada de forma oficial a nova versión (0.5.0) de Virtaal, a ferramenta de axuda á tradución. As principais melloras que incorpora esta versión son: Mellor integración das bases de datos...

Joomla! 1.5.15 en galego

altInforma Daniel Munhiz no seu blog de que ven de anovar a versión dos paquetes de galego para o Joomla! á versión actual que é a 1.5.15. Preme aquí para descargalos....

Chamamento: verificación do novo OpenOffice 3.2

altAcaba de ser publicado nos foros de g11n.net o seguinte chamamento para colaborar no proceso de verificación da futura versión de OpenOffice.org, a nova 3.2. Na mensaxe  indícase cómo descargar o...

Novo recurso lingüístico liberado polo CIRP

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades acaba de liberar un novo recurso lingüístico baixo a licenza LGPLLR. Trátase dun corpus etiquetado morfosintacticamente e revisado a man que inclúe...

A Xunta xa non controla o Firefox en galego

Manuel Vilas . As dúbidas sobre Mancomun levan os activistas do software libre galego a traballar á marxe do Goberno. Un membro da plataforma G11n consegue o recoñecemento internacional como responsábel...

Método de galeguización

Estes días atrás estivemos a traballar na sistematización dun método de galeguización que puidese servir de referencia de entrada para a xente nova interesada en colaborar, á vez que poida valer...

Chamamento para a tradución de GNOME (versión 2.30)

Acábase de abrir o prazo para a tradución da versión 2.30 de GNOME, un contorno de escritorio intuitivo e de uso doado. O equipo de galeguización de GNOME querémosche facer este...
Chamamento para a tradución de GNOME (versión 2.30) PDF Imprimir Correo-e
Escrito por minhoca   
Luns, 02 Novembro 2009 16:53

Acábase de abrir o prazo para a tradución da versión 2.30 de GNOME, un contorno de escritorio intuitivo e de uso doado. O equipo de galeguización de GNOME querémosche facer este convite para que colabores connosco nesa tarefa.

Queres axudar? É ben doado! Explicámosche cómo facelo:

A- Envía unha primeira mensaxe á nosa rolda oficial de coordinación [1] contándonos algo sobre ti (tes algunha experiencia traducindo? Que te motiva a colaborar? sempre axuda saber algo de cada un de nós!) e indica se prefires participar traducindo, revisando ou colaborando doutro xeito -se cadra no wiki, cazando erros ou en calquera outro aspecto do proxecto. Desta maneira poderemos asignarche o rol correspondente e darche a información adecuada sobre cuestións importantes como estilo de correción lingüística ou as ferramentas que adoitamos empregar.

B- Mentres agardas pola resposta [2!!], podes ir botándolle un ollo ao traballo que temos pendente. Para esto visita o web oficial do noso equipo [3] e observa a táboa na que se relacionan as distintas versións. Agora estamos a traballar na versión 2.30, que é onde máis produtivo resultaría o teu traballo.

En cada unha das filas desa táboa poderás visualizar o estado da tradución de dous aspectos de GNOME: a interface gráfica e a documentación. Seguindo a ligazón correspondente, poderás ademais visualizar o estado detallado da tradución de cada un dos módulos incluíndo tanto a porcentaxe traducida como a identificación das personas que están participando na súa tradución. Tamén verás en que fase do proceso se encontran, por exemplo se alguén reservou para sí a tradución ou se a tradución enviada está pendente de revisión.

C- Xa te presentaches? Xa recibiches a información precisa sobre como desempeñar o teu rol? Estupendo! Entón agora escolle o teu caso:

1.- Se vas axudar traducindo ou revisando, xa só che queda rexistrarte na interface de tradución de GNOME [4] e selecionar o teu rol. Unha vez que sexa activado xa poderás reservarte os módulos que che interesen e poñerte a traballar sobre iles.

2.- Se vas axudar en calquera outro aspecto sigue as indicacións que che farán chegar os membros do equipo.

Como ves, trátase dun proceso sinxelo que permite a colaboración de distintas personas cada unha traballando ao seu ritmo, segundo as súas capacidades e as súas preferencias personais. Non son necesarios complexos coñecementos técnicos senón ganas para axudar a que o noso idioma continúe presente na rede.

Así que non o dubides máis e anímate a colaborar!!


Notas do texto:

[1] gnome @ g11n.net

[2] Se non te contestamos inmediatamente por favor, non te molestes: ten en conta que podemos ter apuro polos prazos de entrega, que a xente máis activa colabora tamén noutros proxectos e... que a maioría de nós temos que compatibilizar a nosa contribución en GNOME coas nosas obrigas diarias. Lembra que o noso traballo é voluntario, cada quen fai o que pode!

[3] http://l10n.gnome.org/teams/gl

[4] http://l10n.gnome.org/register/

 

Valid XHTML 1.0 Transitional CSS ist valide!