|
Novo servizo: repositorio comunitario |
|
|
|
|
Escrito por susinho
|
|
Xoves, 22 Outubro 2009 16:18 |
|
Tras varios días de testaxe, intégrase o servidor adicado proporcionado pola Ciberirmandade, que comeza a hospedar os servizos masivos. O primeiro en poñerse en marcha ten como propósito facilitar o mantenemento colectivo dunha copia de seguranza dos datos e os proxectos ubicados en Mancomún: trátase do novo repositorio comunitario http://repositorio.g11n.net/
Continuando co noso propósito de fornecer recursos comunitarios que resulten útiles no contexto definido polos consensos de g11n, vimos de poñer en funcionamento un repositorio público dende o que será posíbel descargar o material que a propia comunidade decida incluir nel.
O repositorio está dispoñibel xa dende o enderezo http://repositorio.g11n.net e, tal como se pode apreciar, foi INICIALMENTE estructurado co propósito de albergar copias de seguridade ante o impacto do posibel desmantelamento de Mancomún. Atópase actualmente valeiro.
A mecánica INICIALMENTE definida para incorporar novos datos ao repositorio é a seguinte:
- Empregando unha conta ftp envíanse os datos ao servidor. - Periódicamente, un script moverá os datos enviados a un directorio intermedio xerando sinaturas MD5 para evitar duplicidades. - Os operadores revisarán os ficheiros para comprobar a súa integridade, ubicándoos no lugar correspondente do repositorio e modificando a súa estructura cando corresponda facelo.
Compre agora encher o repositorio. Trátase dunha tarefa colectiva, polo que deixamos creadas unha serie de contas ftp que serán entregadas a determinados individuos e colectivos (como o CESGA ou Trasno) que destacan pola súa aportación na produción dos materiais de maior valor. Ademais abrimos a posibilidade para que calquera interesado en colaborar neste proceso solicite a través da rolda comunitaria acceso ftp.
Nota: Aínda que nun principio estaba previsto fornecer contas sftp/scp, finalmente optouse pola opción ftp por entender que son públicos os datos que van integrar o repositorio.
Saude. Alexandre Prieto
|
|
Última actualizaciónfeita en Luns, 26 Outubro 2009 00:45 |