Freitag, 17. September 2010

Queremos galego como lingua preferente nos portátiles da Xunta

  • Alerta pola exclusión do galego nos portátiles educativos da Xunta.
  • O galego debe ser incluído nos portátiles das escolas como lingua preferente.
  • A Xunta despreza o traballo de tradución realizada polo voluntariado.



A comunidade de galeguización da informática g11n.net quere alertar a todas as persoas preocupadas polo futuro do noso idioma acerca da decisión tomada pola Xunta de excluír o galego nos portátiles que a Consellaría de Educación distribuirá nos centros educativos.
Presentación do modelo de aula da XuntaO pasado luns 13 de setembro  o director xeral de Educación, Jose Luis Mira, reuniuse cos directores dos centros que implantarán os portátiles neste curso. A partir deste encontro os directores dos centros e personal vencellado puideron visitar e probar in situ o modelo de aula xa equipada cos portátiles que serán distribuídos. Para sorpresa das persoas que probaron este modelo de aula, os ordenadores podían empregarse en castelán e tamén en inglés pero non era posíbel facelo en galego, sen que exista razón técnica algunha que poida xustificalo.
É a Consellería de Educación quen define as características que deben cumprir os ordenadores, entre elas as relativas á configuración de lingua. Se a empresa adxudicataria non incluiu o galego nos portátiles das escolas foi porque a Consellaría non lle esixiu facelo. Atopamos completamente inaceptábel que a Xunta valide para a súa presentación pública un modelo de aula dixital que exclúe a nosa lingua, máxime cando hai dispoñíbel libremente unha versión do sistema informático empregado plenamente operativo en galego grazas ao traballo da comunidade galega de tradución.
Pensamos que os ordenadores das escolas deben empregar o idioma propio do país de xeito preferente e de forma que sexa posibel escoller alternativamente outros idiomas como o español ou inglés. Esta configuración resultaría coherente ademais coa vontade expresada polos tres grupos parlamentarios PP, PSOE e mais BNG para que o galego sexa a lingua xeral de referencia no ámbito da administración pública.
Dende a comunidade de galeguización da informática g11n.net queremos apelar especialmente as personas mais vencelladas co sistema educativo (profesorado, nais e pais ou consellos escolares) para que fagan chegar á Xunta a súa preocupación por estes feitos e soliciten por escrito que o galego sexa o idioma preferente nos ordenadores do sistema educativo galego.
Mais información sobre a presentación do modelo de aula na web da Xunta.