Tras un longuísimo proceso de testaxe e de probas para asegurar a súa máxima calidade, xa se pode descargar a versión 3.2 de OpenOffice en galego. Sen lugar a dúbidas, trátase da mellor versión deste completo pacote ofimático tanto no aspecto técnico cunha impresionante mellora na súa velocidade de funcionamento, como tamén no aspecto lingüístico, acadando prácticamente o 100% da tradución da axuda no noso idioma grazas á comunidade galega de tradución e moi particularmente á personal adicación do filólogo Antón Méixome.A igual que viñamos avisando nos anuncios do Thunderbird e do Firefox, esta versión aparece no medio dun proceso de cambio na coordenación do proxecto causada polo desmantelamento de Mancomún iniciado polo Partido Popular, e que provocou o abandono por parte da Xunta das traducións que viña realizando.
Por este motivo, aínda que o exhaustivo proceso de probas dirixido por Sun Microsystems garante a máxima calidade do produto, aínda non puidemos actualizar a web oficial da versión galega do OpenOffice. Agardamos logralo nos próximos días, mais non queremos que ninguén perda a ocasión de actualizar o seu OpenOffice -cousa que recomendamos encarecidamente- de maneira que aquí deixamos as ligazóns de descarga para as plataformas mais difundidas:
- Descargar OpenOffice.org 3.2 para Windows
- Descargar OpenOffice.org 3.2 para Linux tipo DEB (como Debian/ Ubuntu/ Galinux...)
- Descargar OpenOffice.org 3.2 para OSX tipo Intel
Anímate a disfrazarte de OpenOffice.org 3.2 neste anrtoido!!